martes, 3 de xuño de 2025

Música e plástica nas aulas da Lomba, PDI Folk na Lomba

 

FOLK NA LOMBA na aula de música


Durante todo este curso escolar 2024-2025 na aula de música estivemos traballando a temática da PDI “Folk na Lomba”, centrándonos especialmente nas cantigas populares do noso folclore e a aprendizaxe dos instrumentos da nosa música popular.

Recuperamos xogos populares musicais como “ Serra, serra”, “Pedra pedriña” ou “Canción dos dedos”. Xogos de sempre que estaban esquecidos, e que agora volver a gozar os máis pequenos/as.


Desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria fixemos un repaso dos retrousos das cantigas máis populares da nosa terra como son “A Rianxeira”, “Pousa, pousa” ou “A saia da Carolina”. Falamos do Cancioneiro Popular Galego, dos seus creadores, e por suposto das Cantareiras. homenaxeadas: Eva Castiñeira, Pandereteiras de Mens e Adofina e Rosa Casás.



 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Fixemos un percorrido ao longo de todo o curso das cantigas anuais seguindo as conmemoracións. Cantamos cantigas no Magosto no cole, saímos polas rúas de Vilagarcía no Nadal con cantos de Reis, preparamos unha canción no Entroido falando da nosa tradición que cantamos todo o cole no Parque da Xunqueira para as nosas familias e veciños e inventamos as coplas dos Maios 2025. Pero o máis interesante e sorprendente para o alumando foi viaxar aos tempos dos nosos avós e avoas e descubrir como desfrutaban da música naqueles tempos e revivir as festas tal é como o facían os nosos maiores.




Estas cantigas estiveron ben acompañadas de instrumentos da nosa música tradicional. Desde os máis pequenos/as ata os máis grandes exploraron a sonoridade de instrumentos como bombo, tamboril, castañolas, ferreñas, botella de anís ou cunchas . Pero o instrumento estrela deste curso, co motivo da celebración das Letras Galegas, foi a pandeireta. Aprendemos a tocar os ritmos de muiñeira e xota nos cursos altos e ata se crearon uns obradoiros de pandeiretas como moito éxito, e dos cales incluso saiu un grupo “A voz da Lomba” que levaron a súa interpretación a conmemoración das Letras Galegas organizado polo concello de Vilagarcía.

Para completar o noso percorrido polo noso folclore non podía faltar a danza. Bailamos soltos e agarrados, aprendemos os pasos principais da muiñeira e divertímonos en parellas bailando o pasodobre. E para os máis atrevidos un obradoiro de baile galego no que poder gozar coa nosa música.



FOLK NA LOMBA na aula de plástica


Na materia de plástica traballouse a arte en Galicia desde a seguintes liñas:

- Luis Davila. Traballamos o cómic seguindo o exemplo deste gran ilustrador.

 

- Maruja Mallo. Coñecemos a figura de Maruxa Mallo e o seu traballo a través da simetría.

 

- Poesía visual co poema de Rosalía “Un pelouro que roda”. 

 

- O debuxo de Castelao. Seguindo o refraneiro popular debuxamos segundo a técnica de Castelao.

 









- Cerámica de Sargadelos e Isaac Díaz Pardo. Creamos figuras con pasta de moldear despois de coñecer a cerámica galega.







Ningún comentario:

Publicar un comentario