As nenas e nenos de 3 ANOS A estivemos a investigar un pouquiño na nosa tradición oral e
musical. Aprendemos que temos instrumentos que son propios de Galicia e que con eles fan
unha música moi bailona.
Algúns de nós vímolos e escoitámolos por primeira vez e aprendemos o seu nome: gaita,
pandeireta, tambor, cunchas…
Descubrimos o nome das persoas que tocan ditos instrumentos: gaiteira, pandereteira,
tamborileira… E experimentamos que noso corpo podemos producir ritmos e que na nosa gorxa
vibran unas cordas coas que podemos cantar. Encantounos a palabra CANTAREIRA.
Por certo, xa saberedes que tamén temos bailes propios, puxemos moito empeño en aprender a
bailar a muiñeira: ADIANTE, ATRÁS , 1-2-3.
Fixemos con moito agarimo esta pequena homenaxe a todas as cantareiras que fixeron posible
que estas coplas chegaran ata nós. A semente está botada e agardamos que medre e se
conserve para sempre.
AS CANTAREIRAS E BAILADORAS DO COLE DA LOMBA, CONVIDÁMOSVOS A DISFRUTAR DA MÚSICA E DO BAILE DA NOSA TERRA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario