Parte do alumnado de 5º e 6º da Lomba preparou durante todo o curso a obra "Mamasiña, que medo" de como obra de teatro. Encantoume o ben que o fixeron e nas tres sesións que fixeron, o público non chiaba, do atentos que estaban. Risas botamos, iso si.
Todo o traballiño do ano, ensaiando nos recreos, memorizando, buscando vestiario, música, pintando os decorados e por fin, estreando a obra. Ademais no medio está metida unha cantiga de cego, moi apropiada neste ano, onde a tradición oral é un dos piares do noso PDI.
Hai que lle dar a gracias ao profe Víctor, que foi o que estivo traballando con elas e eles e iso son moiiiitos recreos. 😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario