Bo día a todo o mundo📗📘📙📚📚
Realmente o Día do Libro é hoxe, pero coma é sábado, no colexio celebrámolo onte cunha chea de actividades.
Despois de que puxéramos no colexio as fotos que nos mandastes ao correo, houbo xente á que lle entrou o gustiño, e que decidiu facer unhas fotos para completar o reto. Temos un vídeo con todas elas, para que poidades velas, porque entre outras cousas, o trasno das tecnoloxías gastounos unha pequena broma, e a foto que Manuela Maceira de 1ºC mandara para colaborar nesta proposta, perdeuse pola rede. Menos mal que Manuela preguntou pola foto e puidemos arranxalo. A foto de portada do vídeo é a dela, ¿a que sería unha mágoa que non a puideramos ver?
A todos aqueles que mandaron as fotos no prazo, o venres recibiron un pequeno agasallo coma agradecemento, agás Roi de 2ºB que estaba maliño na casa e Manuela de 1ºC que estaba a foto perdida. Non vos preocupedes, que tamén ides levar o agasallo.
Fixemos lecturas compartidas, dalgunhas clases foron ler a outras e podo dicir que o fixeron moi ben, atendían máis aos compañeiros/as doutros cursos que aos mestres/as😂😂
Fixemos marcapáxinas coa temático do noso PDI "Pasiño a pasiño, A Lomba no Camiño" e no infantil do Anexo, tamén fixeron unhas gafas de lectura, xa se sabe que a estas idades a presbicia ataca duramente😅
Os voluntarios da biblioteca de 6ºA estiveron todo o curso preparando unha representación dos "Tres Porquiños", lendo varias versións, construíndo as casas, escribindo o guión, ensaiando e por fín, onte, representando a obra para o alumnado de infantil e 1º ciclo da Lomba. ¡¡¡Estiveron fabulosos!!!
Mañá publicaremos a montaxe de tódalas fotos, porque pasaron media mañá representando a obra, de infantil a segundo, era só para infantil, pero colleron impulso e ... ¡¡Que voluntarios/as máis riquiños!!
Bicos mollados.
Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario