¿A que parece incrible? Pois é certo. Hoxe tivemos a sorte de que o escritor Pere Tobaruela acompañase ao alumnado do colexio que forma parte do clube de lectura, sección narrativa. Como este ano entre outras lecturas, leron "FORMIG4S, Misión Camiño de Santiago" de Edicións Xerais, conseguimos que viñera dar unha pequena charla. Como podedes ver polas fotos, eu estiven moi atenta, así como o resto.
Falamos dos diferentes personaxes protagonistas desta serie, e houbo catro rapaces/zas que saíron defender porque lles gustaba máis cada un deles. Averigüamos porque os protagonistas son formigas e todos son diferentes (como na vida mesma hai diferentes formigas e diferentes persoas). Tamén quedou claro que no cerebro temos neuronas, e que ler é un xeito boísimo de estimulalas, ver películas tamén, pero lendo usamos máis.
Ademais de nos contar cousas moi interesantes, os nosos debulladores fixeron unha chea de preguntas, como bos investigadores e investigadoras. Xa sabemos que escribiu máis de 60 libros, que escribe en catalán, (pois naceu en Barcelona), en castelán e máis en galego (eso xa o sabiamos), que ten obras de adultos e infantís, que leva escribindo e publicando máis de VINTE anos e ademais que entrena un equipo de fútbol feminino.
Para rematar foi tan riquiño, que asinou unha adicatoria a cada un de nós, e aos que tiñamos libros del, tamén nolos asinou e fixemos unha foto todos xuntiños.
Si é que ao final, ter pasado tantos recreos e horas na casa lendo os libros do clube de lectura, tivo recompensa, ¡¡non todo o mundo pode dicir que ten unha foto, un autógrafo e unha charla de Pere Tobaruela!! 😉
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario