sábado, 31 de maio de 2025

¡¡¡¡PARABENS 6º C!!!!

 ¡¡¡¡Que alegría teño no corpo!!!!

 

O alumnado de 6ºC que está participando no concurso de oratoria da Fundación Barrié , acadou o primeiro premio da súa categoría, despois de pasar clasificatorias, semifinais e por fin o ansiado 1º posto.  

Foron recibidos na Estación do tren como se merecen, a pesar do día tan longo, dos nervios e da viaxe, chegaron de volta cun sorriso que non lles cabía na cara. Ao berro de "¡¡Pública!!" os esperaban na estación. Por riba de moitos colexios privados, a escola pública está aí, arriba, como deber ser.

Ser capaces de levar un discurso, rebater, redicir, transmitir, ter compostura e sobre todo non ter medo a expresar o que se di, é algo que xa teñen aprendido, e que é importantísimo nesta vida, en todos os ámbitos. 

Como non podía ser doutro xeito, saíron na prensa, aquí deixo un pequeno dossier cos enlaces. 

Voz de Galicia  Quincemil Fundación Barrié

Bicos mollados.

Rosalía 

mércores, 28 de maio de 2025

Biblioteca creativa, obradoiro de BrazoLinda

 Olaa,

Tivemos a sorte de que nos viñeran visitar e mostrar o seu traballo as compoñentes de Brazolinda. O alumnado de 3º, 4º e 5º da Lomba tiveron un obradoiro onde lles ensinaron unha chea de xogos que deseñaron elas, algúns en madeira, outros con cartoné, en tea... pero TODOS en galego, polo que que mellor para este o noso ano de tradicións. a ecoloxía formou parte dalgún xogo, como coñecer a nos mitoloxía e as matemáticas, pero dun xeito moi ameno. 


O mellor de todo, as súas caras e despois de lles preguntar si lles gustara algún xogo e se querían que a biblioteca mercara algún😂 TODOS!!!! foi a súa resposta. Todos non podemos, pero xa temos unha chea deles encargados, esperemos que cheguen antes de rematar o curso para xa estrealos. Aquí vos deixo unha mostra, que as caras o din todo😊

Bicos mollados.

Rosalía 

luns, 26 de maio de 2025

Vilagarcía, cidade do libro.

 Case sen nos decatar, o curso está a piques de rematar e se achega un clásico xa. A cidade do libro na que se converte Vilagarcía e as actividades para a cativada que ofertan dende o Concello. Do noso colexio irán 2ºA e 2º B, 4ºA e 4ºB ao Literatour, unha grande xincana literaria. Polo de pronto, deixo o programa.








domingo, 25 de maio de 2025

PDI 5ºC e 6ºC

 

COCIÑAMOS NO COLE:

Despois dun traballo de investigación, realizado polos noso rapaces e rapazas, sobre diferentes receitas tradicionais galegas.

As clases de 5º e de 6º preparamos un postre tradicional galego. Os rapaces e rapazas trouxeron os ingredientes e os utensilios para poder preparar esta riquísima receita que finalmente quedounos fenomenal. Todos puidemos saborear do noso postre tradicional galego.


COÑECER AS CURIOSIDADES DE GALICIA:

En canto o obxectivo “Coñecer as curiosidades de Galicia” o alumnado sorprendeunos con diferentes curiosidades, buscadas no programa E-dixgal, tal como podemos observar nas seguintes fotografías.


RECEITAS TÍPICAS DE NADAL:

Aproveitando o Nadal, os rapaces e rapazas elaboraron nas súas casas diferentes receitas típicas galegas cunha exposición final das mesmas na Biblioteca do centro.


TORNEO DE ORATORIA:

O alumnado participou nun torneo escolar de oratoria (TEO) na Coruña quedando na clasificación da fase previa no segundo lugar con temáticas diversas como neste exemplo (o teatro galego).




FESTAS E ROMARÍAS (CANVA):

Tamén o alumnado realizou en Canva traballos diversos relacionados coas festas e romarías de Galicia.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

Representamos no auditorio da localidade unha obra teatral e un baile ao ritmo de Luz Casal, o día das Letras Galegas (vídeo).


CONCURSO “ROSALÍA SEMPRE VIVA”:

No mes de febreiro, o alumnado foi a Lugo a participar no concurso “Rosalía sempre Viva” con recitado de poemas quedando clasificados nun primeiro e segundo posto.


ENTROIDO “CHOQUEIROS”:

No Entroido, os rapaces e rapazas investigaron, utilizando a plataforma de E-dixgal, a figura do Choqueiro (disfrace típico de Coruña). Cando xa sabían o que representaba o disfrace decidimos disfrazarnos e fixemos unha comparsa polas rúas de Vilagarcía, ademais dun vídeo explicativo para todo o alumnado do cole.


SAÍDAS DIDÁCTICAS:

O alumnado de 5º e 6º fixeron saídas didácticas (entre outras) ao Museo de Pontevedra, camiñada Castelao. Visita ao Grove en catamarán para degustar e visitar as distintas bateas e especies mariñas da zona. Realización dun tramo do camiño de Santiago onde observaremos a paisaxe e o entorno típico galego.


RADIO ESCOLAR:

Participación do alumnado de 5º e 6º na radio escolar cunha entrevista personalizada e en directo a unha coñecida galega DJ, chamada Kris e tamén se participou no concurso de Xosé Hermida de radio Pontevedra e radio Arosa con dous Podcast: o ikigai e o acoso escolar.

Grazas a isto o alumnado coñecerá en directo ao coñecido locutor de radio a nivel nacional Carles Francino cuxos descendentes foron galegos.


PERIÓDICO ESCOLAR:

O alumnado realizou diversos traballos a partir das noticias do periódico “A Voz de Galicia” xa que estivemos inmersos no programa de: “A Voz na Escola”.


sábado, 24 de maio de 2025

PDI 6ºA e 6ºB

 

MURAIS DA GAITA E DA PANDEIRETA

O obxectivo era coñecer os instrumentos musicais da tradición sonora galega así como coñecer a mulleres galegas músicas.

Investigamos sobre os instrumentos propios do folclore galego como son as pandeiretas, as gaitas, pandeiro, tarrañolas... Logo cada aula elixiu un instrumento e buscamos algo de información máis concreta sobre o mesmo: orixe, partes, materiais, mulleres galegas que destaquen no manexo dese instrumento. Por exemplo, no caso da gaita, traballaron sobre Susana Seivane e Cristina Pato.


RECOMPILACIÓN DE REFRÁNS

Mediante o uso dunha linguaxe codificada, fomos coñecendo semanalmente ditos e refráns en galego.

SERES MITOLÓXICOS

Identificar personaxes da mitoloxía galega e poñer en valor as lendas e historias da tradición oral galega.

Nas sesións de Proxecto Competencial o alumnado fixo un pequeno achegamento á mitoloxía galega. Primeiramente fixemos unha recompilación destes seres, vendo imaxes, lendo as súas historias e descricións... Logo, cada neno/a elixiu ao seu personaxe favorito para cubrir unha pequena ficha cos datos máis destacados (como é, habilidades/podes/capacidades, onde habita, orixe...).


LIBRIÑO COS TRAXES TÍPICOS DE ENTROIDO E CAROUTAS

A razón e a finalidade principais de afondar no Entroido galego é a de poñelo en valor, darllo a coñecer aos nenos e que aprendan a identificar algunhas das personaxes ou traxes máis relevantes.

Aproveitando que na festa celebrada no centro cada nivel educativo tiña que disfrazarse imitando unha destas personaxes, por sorteo fomos dándolle a cada neno e nena o nome dun destes traxes (peliqueiros, merdeiros, pantallas, xenerais, follateiros, boteiros...). Nunha ficha que incluía unha imaxe do mesmo, debían indicar como é o traxe en cuestión e que representa.

Ademais nas sesións de Educación Plástica fixemos varias caroutas e monicreques para decorar a aula.


PODCAST

Fixemos algunha gravación a modo de proba de radio. Na primeira entrevista tivemos como convidado ao líder da orquestra Panorama, Lito. Antes de rematar o curso agardamos poder entrevistar a Marcela, integrante do grupo A Banda da Loba.


mércores, 21 de maio de 2025

PDI 2ºA e 2ºB

 

Durante o primeiro e segundo trimestre os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB recompilaron coa axuda das familias refráns da tradición oral galega. Logo ilústramos en clase e elaboramos un libro en cada aula, O refraneiro de 2ºA e O refraneiro de 2ºB. Tamén fixeron un audiolibro para cada aula, que se puxo a disposición da comunidade educativa a través da páxina web do centro. Por último fixemos presentacións dos Refraneiros ao resto de aulas do centro co gallo de que os nenos e nenas de tódolos cursos o desfrutasen e traballar así tamén a expresión oral.

En Nadal traballamos as panxoliñas, o canto de Reis e fixemos unha saída á contorna para pedir o aguinaldo. E no Entroido traballamos os traxes e bailes populares de Galicia e os nenos e nenas bailaron unha muiñeira e desfilaron vestidos de Madamas e Galáns de Cores.

Ao longo do segundo e terceiro trimestre os nenos e nenas de 2ªA e 2ªB investigaron sobre os mitos e lendas de Galicia. Cada neno ou nena investigou unha lenda ou un mito galego e posteriormente preparou unha presentación oral que gravou en vídeo. Estes vídeos están dispoñibles na aula virtual do centro para que todas as familias e os nenos e nenas poidan velos cando gusten.

Tamén os nenos e nenas de 2ºA e 2º B fixeron un pequeno proxecto para traballar os entroidos tradicionais galegos, aproveitando que tamén foi o tema do Entroido do cole de este ano.

No terceiro trimestre traballamos os contos de tradición oral galega, escoitando algúns deles, e facendo algunhas manualidades sobre os protagonistas.

martes, 20 de maio de 2025

PDI 5ºA e 5ºB

 

Pois xa chegando case ao final de curso é momento de recompilar e expoñer todo o traballo feito polos nenos e nenas de 5ºA e 5ºB, en relación ao fermoso e enriquecedor PDI do colexio, que este ano foi “FOLK NA LOMBA”.

Durante este curso os rapaces e rapazas de 5ºA e B puideron buscar información sobre os diferentes cantos populares galegos, relacionados con oficios, épocas do ano, tradicións… A continuación imos a expoñer o que os nenos e nenas traballaron durante este curso:

No 1º trimestre:

  1. Fixemos unha mural relacionado cos instrumentos tradicionais galegos. 


     
     
     
     
     
  2. Elaboramos un impress sobre diferentes grupos de música tradicional galego.

     

      

    No 2º trimestre:

  3. No entroido aproveitamos para disfrazarnos de “Peliqueiros”, disfrace típico galego, aproveitando que todo o centro fixo un recoñecemento a diferentes disfraces típicos e autóctonos.



No 3º trimestre:

  1. Murais sobre refráns e ditos galegos, co seu significado, xogando moito coa retranca galega.











Pois este foi todo o traballo realizado por estes grandes investigadores de 5ºA e 5ºB. Esperamos que vos gustase e que aprenderades moitas cousas, así como aprenderon os rapaces e rapazas.

mércores, 14 de maio de 2025

Visita de Xosé Ameneiro

 Olaa,

Hoxe estivo na nosa biblioteca Xosé Ameneiro, gaiteiro, músico, compositor, fotógrafo e escritor. ¡¡Unha chea de cousas!! 

 En principio viña para as clases de 3º, pero unha vez que estaba no centro, pedímoslle se podía contar e ensinarlle o que traía a algún curso máis, así que o alumnado de 2º e de 5ºB puido aprender unha chea de cousas tamén. Foi membro fundador do grupo de música folk "Leixaprén" e se considera gaiteiro e frautista por riba de todo.

Mostrounos como era unha zanfona, as súas partes, como soaba en función das cordas que se fregaban,e incluso que a unha desas cordas chámaselle "can" e que noutros sitios chámanlle mosca. Falando das notas que se conseguían coa zanfona, fixo un invento de tocar o violín á vez que lle daba ao veo para que soasen á vez. 😜 Aprendemos que aínda que ao principio as zanfonas foran unha evolución do organistrum e só se tocaba nos pazos e na burguesía, acabou sendo un instrumento que tocaban moitos cegos, que tiñan que buscar algún xeito de gañar o pan. Algo parecido pasou cos violíns e vimos un pequeno vídeo de Florencio, o cego dos Vilares, que era un pozo de sabiduría nisto das coplas.

 Fixo unha demostración tocando unha peza xunto coas Tanxugueiras, si, lestes ben😅. A ver, non é que viñeran elas ao colexio, é que puxo unha das súas pezas na pantalla e acompañounas, a sensación era ben bonita e soaba todo moi compasado.

Contounos que o seu primeiro instrumento foi unha harmónica cando era pequerrecho e que dende entón, a música sempre o acompañou, ou el á música, depende de como se mire. O que é ben certo é a cantidade de instrumentos que nos trouxo e que nos tocou, ¡mi madriña que despregue había na biblioteca!

Empezou polos de vento, frautas de pico, pequeniñas e enormes, traveseiras, ensinou como facer cun tubo de plástico unha, e mesmo como facer unha de émbolo. Tamén tocou unha ocarina pequena, polo tamaño realmente é un asubío, case non se lle vía no medio dos dedos, pero soaba de medo! Non é que dese medo ho, era que se escoitaba moito. Dentro do vento está o acordeón, que non é soprado, pero é vento, e fixo unha pequena demostración

Non podemos obviar á raíña do vento na música tradicional, trouxo dúas, explicou as súas partes, para que serven, como soan e mesmo trouxo un barquín, unha peza que fai que en vez de ter que encher o fol soprando o soprete, énchese abrindo e pechando o barquín, deste xeito, pódese cantar todo o tempo, pero a min case me da un mareo de pensar en mover o brazo dereito para encher, apremar co esquerdo para que saia o aire do fol, mover os dedos para tocar e por riba de todo iso, cantar!!! Este home é un artista😆

Continuou cos de percusión, a pandeireta, o pandeiro, o tambor e o bombo, xunto cunhas ras de madeira que soaban moitísimo, máis agudas ou graves en función do tamaño, si é que é sabido que as ras damos para moito, unhas lemos poesía e outras fan música. Aprendemos como con algo tan sinxelo como unha casca de noz, un pauciño cha (dos xeados) e unha goma destas das caixas de zapatos podemos construír un instrumento musical, doadísimo!!!! As tarrañolas e os diferentes son dependendo do material co que están feitas, quedou moi explicado neste vídeo.


 Entre o noso alumnado hai xente que toca a pandeireta e que animaron a saír ao fronte e tocar un pouquichiño con el. Outra rapaza toca a batería, así que poñendo unha pandeireta para facer de caixa e co tamboril e o bombo, montaron unha batería improvisada. Si é que no cole estamos cheos de artistas.

 

O profe Victor quíxose unir á festa e acabaron botando unha xuntos, da xenio miralos.


Eu aproveitei e probei para ver se era quen de tocar un pouco todo aquilo, e algo fixen, polo menos na foto da o pego.


 Non podemos rematar esta contada sen de agradecer de novo a Xosé Ameneiro que quixera compartir con nós o seu bo facer, o seu tempo e a súa música, así como o libro co que nos agasallou para a biblioteca "Agustín Lorenzo Loroño, o gaiteiro de Catoira". De mozo tocou con el e non quixo que o seu legado quedase no esquecemento.


 Tentaremos que volva doutra volta para que poida máis alumnado aprender de e con el.

Entrementres, queda un vídeo para que poidades ver todo o que vos contei, que seguro que queda moito sen poñer. 

Bicos mollados.

Rosalía

martes, 13 de maio de 2025

MEMORIA DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 1ºC e 2ºC

 

MEMORIA DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 1ºC e 2ºC

FOLK NA LOMBA”

Neste curso 2024-25 os grupos de 1ºC e 2ºC realizamos practicamente a totalidade das actividades programadas a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos axeitada para completar o estudo da temática deste ano.

Foi un estudo moi interesante e ameno sobre os elementos de folk en Galicia traballando tanto a arte, como a literatura, escultura e música. Sempre en cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.

A continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres trimestres:

Como traballo nos dous primeiros trimestres deseñamos e fixemos un mural sobre a arte en Galicia: as construcións e monumentos máis relevantes das catro provincias.

As actividades realizadas foron:

  • Estudo dos monumentos máis importantes das catro provincias da nosa Comunidade.

  • Estudo das construcións máis coñecidas de cada provincia.

  • Realización do mural con debuxos e textos describindo os monumentos e arquitectura.

  • Exposición do mural “A arte en Galiza” no corredor do primeiro andar.

  • No Entroido, disfraces relacionados coa temática de traxes típicos do entroido galego. No noso caso fomos de PANTALLAS (traxe típico de Xinzo de Limia).



O traballo do segundo trimestre baseouse no estudo dos mitos e lendas de Galicia. A actividade realizada foi:

  • Busca de personaxes míticos de Galiza. Elaboración de textos.

  • Busca de lendas de Galiza. Elaboración de textos.

  • Debuxo que representa as lendas e os personaxes da mitoloxía galega,

  • Realización do mural cos textos explicando os mitos e as lendas, e os seus debuxos representativos.

  • Exposición do mural “ Mitos e Lendas” no corredor do primeiro andar.




O traballo do terceiro trimestre baseouse na literatura galega. Fixemos un POEMARIO.

As actividades realizadas foron:

  • Busca dos poemas máis coñecidos dos autores máis famosos de Galiza.

  • Copiado dos poemas.

  • Elaboración de ilustracións relacionados coa temática de cada poema.

  • Recollida dos poemas e os debuxos para a elaboración do noso POEMARIO GALEGO.







venres, 9 de maio de 2025

Máis radio no Anexo

 Olaa,

Esta semana inaugurouse no Edificio Anexo a exposición “Mulleres Bravas” contando coa visita de Kris Dj. Ademais, o alumnado de 6ºC, entrevistouna na radio do cole.
Moitas grazas pola visita @kris_kdj , volve cando queiras!!

Subiremos a gravación cando estea editada.

Bicos mollados.

Rosalía