Pois xa chegando case ao final de curso é momento de recompilar e expoñer todo o traballo feito polos nenos e nenas de 5ºA e 5ºB, en relación ao fermoso e enriquecedor PDI do colexio, que este ano foi “FOLK NA LOMBA”.
Durante este curso os rapaces e rapazas de 5ºA e B puideron buscar información sobre os diferentes cantos populares galegos, relacionados con oficios, épocas do ano, tradicións… A continuación imos a expoñer o que os nenos e nenas traballaron durante este curso:
No 1º trimestre:
Fixemos unha mural relacionado cos instrumentos tradicionais galegos.
Elaboramos un impress sobre diferentes grupos de música tradicional galego.
No 2º trimestre:
No entroido aproveitamos para disfrazarnos de “Peliqueiros”, disfrace típico galego, aproveitando que todo o centro fixo un recoñecemento a diferentes disfraces típicos e autóctonos.
No 3º trimestre:
Murais sobre refráns e ditos galegos, co seu significado, xogando moito coa retranca galega.
Pois este foi todo o traballo realizado por estes grandes investigadores de 5ºA e 5ºB. Esperamos que vos gustase e que aprenderades moitas cousas, así como aprenderon os rapaces e rapazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario