Durante o primeiro e segundo trimestre os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB recompilaron coa axuda das familias refráns da tradición oral galega. Logo ilústramos en clase e elaboramos un libro en cada aula, O refraneiro de 2ºA e O refraneiro de 2ºB. Tamén fixeron un audiolibro para cada aula, que se puxo a disposición da comunidade educativa a través da páxina web do centro. Por último fixemos presentacións dos Refraneiros ao resto de aulas do centro co gallo de que os nenos e nenas de tódolos cursos o desfrutasen e traballar así tamén a expresión oral.
En Nadal traballamos as panxoliñas, o canto de Reis e fixemos unha saída á contorna para pedir o aguinaldo. E no Entroido traballamos os traxes e bailes populares de Galicia e os nenos e nenas bailaron unha muiñeira e desfilaron vestidos de Madamas e Galáns de Cores.
Ao longo do segundo e terceiro trimestre os nenos e nenas de 2ªA e 2ªB investigaron sobre os mitos e lendas de Galicia. Cada neno ou nena investigou unha lenda ou un mito galego e posteriormente preparou unha presentación oral que gravou en vídeo. Estes vídeos están dispoñibles na aula virtual do centro para que todas as familias e os nenos e nenas poidan velos cando gusten.
Tamén os nenos e nenas de 2ºA e 2º B fixeron un pequeno proxecto para traballar os entroidos tradicionais galegos, aproveitando que tamén foi o tema do Entroido do cole de este ano.
No terceiro trimestre traballamos os contos de tradición oral galega, escoitando algúns deles, e facendo algunhas manualidades sobre os protagonistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario