COCIÑAMOS NO COLE:
Despois dun traballo de investigación, realizado polos noso rapaces e rapazas, sobre diferentes receitas tradicionais galegas.
As clases de 5º e de 6º preparamos un postre tradicional galego. Os rapaces e rapazas trouxeron os ingredientes e os utensilios para poder preparar esta riquísima receita que finalmente quedounos fenomenal. Todos puidemos saborear do noso postre tradicional galego.
COÑECER AS CURIOSIDADES DE GALICIA:
En canto o obxectivo “Coñecer as curiosidades de Galicia” o alumnado sorprendeunos con diferentes curiosidades, buscadas no programa E-dixgal, tal como podemos observar nas seguintes fotografías.
RECEITAS TÍPICAS DE NADAL:
Aproveitando o Nadal, os rapaces e rapazas elaboraron nas súas casas diferentes receitas típicas galegas cunha exposición final das mesmas na Biblioteca do centro.
TORNEO DE ORATORIA:
O alumnado participou nun torneo escolar de oratoria (TEO) na Coruña quedando na clasificación da fase previa no segundo lugar con temáticas diversas como neste exemplo (o teatro galego).
FESTAS E ROMARÍAS (CANVA):
Tamén o alumnado realizou en Canva traballos diversos relacionados coas festas e romarías de Galicia.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
Representamos no auditorio da localidade unha obra teatral e un baile ao ritmo de Luz Casal, o día das Letras Galegas (vídeo).
CONCURSO “ROSALÍA SEMPRE VIVA”:
No mes de febreiro, o alumnado foi a Lugo a participar no concurso “Rosalía sempre Viva” con recitado de poemas quedando clasificados nun primeiro e segundo posto.
ENTROIDO “CHOQUEIROS”:
No Entroido, os rapaces e rapazas investigaron, utilizando a plataforma de E-dixgal, a figura do Choqueiro (disfrace típico de Coruña). Cando xa sabían o que representaba o disfrace decidimos disfrazarnos e fixemos unha comparsa polas rúas de Vilagarcía, ademais dun vídeo explicativo para todo o alumnado do cole.
SAÍDAS DIDÁCTICAS:
O alumnado de 5º e 6º fixeron saídas didácticas (entre outras) ao Museo de Pontevedra, camiñada Castelao. Visita ao Grove en catamarán para degustar e visitar as distintas bateas e especies mariñas da zona. Realización dun tramo do camiño de Santiago onde observaremos a paisaxe e o entorno típico galego.
RADIO ESCOLAR:
Participación do alumnado de 5º e 6º na radio escolar cunha entrevista personalizada e en directo a unha coñecida galega DJ, chamada Kris e tamén se participou no concurso de Xosé Hermida de radio Pontevedra e radio Arosa con dous Podcast: o ikigai e o acoso escolar.
Grazas a isto o alumnado coñecerá en directo ao coñecido locutor de radio a nivel nacional Carles Francino cuxos descendentes foron galegos.
PERIÓDICO ESCOLAR:
O alumnado realizou diversos traballos a partir das noticias do periódico “A Voz de Galicia” xa que estivemos inmersos no programa de: “A Voz na Escola”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario