martes, 13 de maio de 2025

MEMORIA DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 1ºC e 2ºC

 

MEMORIA DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 1ºC e 2ºC

FOLK NA LOMBA”

Neste curso 2024-25 os grupos de 1ºC e 2ºC realizamos practicamente a totalidade das actividades programadas a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos axeitada para completar o estudo da temática deste ano.

Foi un estudo moi interesante e ameno sobre os elementos de folk en Galicia traballando tanto a arte, como a literatura, escultura e música. Sempre en cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.

A continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres trimestres:

Como traballo nos dous primeiros trimestres deseñamos e fixemos un mural sobre a arte en Galicia: as construcións e monumentos máis relevantes das catro provincias.

As actividades realizadas foron:

  • Estudo dos monumentos máis importantes das catro provincias da nosa Comunidade.

  • Estudo das construcións máis coñecidas de cada provincia.

  • Realización do mural con debuxos e textos describindo os monumentos e arquitectura.

  • Exposición do mural “A arte en Galiza” no corredor do primeiro andar.

  • No Entroido, disfraces relacionados coa temática de traxes típicos do entroido galego. No noso caso fomos de PANTALLAS (traxe típico de Xinzo de Limia).



O traballo do segundo trimestre baseouse no estudo dos mitos e lendas de Galicia. A actividade realizada foi:

  • Busca de personaxes míticos de Galiza. Elaboración de textos.

  • Busca de lendas de Galiza. Elaboración de textos.

  • Debuxo que representa as lendas e os personaxes da mitoloxía galega,

  • Realización do mural cos textos explicando os mitos e as lendas, e os seus debuxos representativos.

  • Exposición do mural “ Mitos e Lendas” no corredor do primeiro andar.




O traballo do terceiro trimestre baseouse na literatura galega. Fixemos un POEMARIO.

As actividades realizadas foron:

  • Busca dos poemas máis coñecidos dos autores máis famosos de Galiza.

  • Copiado dos poemas.

  • Elaboración de ilustracións relacionados coa temática de cada poema.

  • Recollida dos poemas e os debuxos para a elaboración do noso POEMARIO GALEGO.







Ningún comentario:

Publicar un comentario