Os grupos de 6º de Ed. Infantil A e B iniciaron a investigación do proxecto “Vive a túa vila” utilizando como actividade de iniciación a observación dun letreiro colocado no corredor de Infantil (polo EDNLG) co nome: Rúa Aquilino Iglesia Alvariño. A nosa curiosidade e pescudas levounos a descubrir que esta era unha rúa de Vilagarcía e que si se chamaba así era porque ese “señor” foi una persoa “importante” para a nosa vila. Efectivamente fora profesor durante 30 anos no Colexio León XIII.
A partir de aquí comenzamos a investigar sobre as rúas onde viven as nenas e nenos, o cole, estudando os topónimos. Fixemos tamén un achegamento á historia de Vilagarcía comenzando polo seu nome e os cambios que sufriu ao longo da historia: Arealonga, Vila de García Caamaño, Vilagarcía e por último Vilagarcía de Arousa. Ubicamos xeográficamente o noso concello , estudamos ríos e montes, o noso escudo , o seu significado e a nosa bandeira, así como algúns edificios significativos polo seu uso e/ou arquitectura como a Casa dos duques de Terranova, O concello, Pazo de Vista Alegre, etc.
Os Obxectivos traballados durante o 2º trimestre foron:
Ubicar a Vilagarcía na ría de Arousa
Coñecer monumentos, espazos naturais e lugares significativos de Vilagarcía
Aproximar ás alumnas e alumnos á interpretación do plano (adaptado) da nosa vila descubrindo a funcionalidade do mesmo.
Contribuir á transmisión da tradición oral co coñecemento da cantiga popular: “Somos de Vilagarcía non o podemos negar, todo o mundo nos conoce polos airiños do mar...”.
Aproximar ao alumnado á toponimia de Vilagarcía e ao seu significado.
Coñecer o escudo e o seu significado así como a bandeira de Vilagarcía.
PRODUTO |
ACTIVIDADES |
PUBLICIDADE |
COMPARSA |
. Escoita activa da cantiga . Comprensión da letra . Memorización e interpretación . Acompañamento rítmico .Elaboración de gorros e tambores. . Edición e creación de video |
A través da páxina web do colechegou a compañeiros, familias e toda a comunidade escolar en xeral |
PLANO |
. Búsqueda de información sobre Aquilino Iglesia Alvariño, así como do resto dos topónimos traballados. . Petición ás familias ; a través dun caderno de investigación que viaxa ás casas, do enderezo das nenas e nenos. . Localización das rúas navegando a través do google maps. . Búsqueda e debate sobre o significado dos topónimos. . Adaptación do plano proporcionado pola oficina de turismo ás nosas rúas. |
Deuse a coñecer ás familias formando parte da capa do caderno de investigación do trimestre. |
Estamos en condicións de afirmar que o proxecto resultou atractivo, interesante e motivador para as nosas pequenas e pequenos, resultou excepcional poder vivenciar, falar, coñecer e identificar de maneira personalizada a nosa/súa vila.
Consideramos conseguidos os seguintes criterios de avaliación:
Coñecer monumentos, espazos naturais e lugares significativos de Vilagarcía.
Interpretar un plano.
Coñecer o nome das nosas rúas e o seu significado.
Coñecer e interpretar algunha cantiga popular.
Gozar escoitando e interpretando a canción escollida.
Utilizar os medios audiovisuais( tablet, ordenador, cámara...) como medio de expresión e comunicación.
Amosar satisfacción persoal polo resultado final obtido na elaboración dos produtos.
No 3º trimestre seguimos a investigar sobre a nosa vila. Centrámos en reforzar os contidos do trimestre pasado e en estudar lendas relacionadas con Cortegada e o monte Lobeira.
OBXECTIVOS
Reforzar os contidos traballados no trimestre anterior
Coñecer as parroquias que conforman o concello de Vilagarcía.
Coñecer as lendas de Urco , o carballo Comepedras da illa de Cortegada e a do túnel que vai dende o monte Lobeira ao pazo de Vista alegre.
Contribuir á transmisión da tradición oral co coñecemento das lendas mencionadas.
Gozar coa representación de actividades, festas ou tarefas que se poden vivenciar na nosa vila: mercando peixe na praza de abastos, contando as fiestras da casa dos duques de Terranova, pañando ameixas nos viveiros en Carril, paseando por Xiabre, mollándonos na festa da auga…
PRODUTO |
ACTIVIDADES |
PUBLICIDADE |
|
. Visualización de imaxes de lugares significativos da vila e reflexión e debate da actividade que se podería desenvolver neses lugares. . Proposta de convertírmonos en actores e actrices. . Consensuar o aderezo que se precisa para a representación . Ensaios e grabación das diferentes secuencias . Edición e creación do spot |
A través da páxina web do cole chegou a compañeiros, familias e toda a comunidade escolar en xeral |
MAPAS INTERACTIVOS CREADOS CON GENIALLY |
. Visualización dos mapas, relexión e debate sobre as imaxes que neles aparecen relacionadas cos contidos traballados previamente. . Consensuamos un pequeno texto sobre cada imaxe que posteriormente se grava en off. . Gravación do texto por parte do alumnado. . Elaboración do Genially |
A través da páxina web do cole chegou a compañeiros, familias e toda a comunidade escolar en xeral |
TRÍPTICO
|
. Recreación personalizada de actividades que se poden desenvolver na nosa vila facendo protagonistas ao noso alumnado. | Deuse a coñecer ás familias xunto co caderno de investigación, formando parte dos materiais que levan para a casa ao rematar o trimestre. |
Ó igual que no pasado trimestre, concordamos que o proxecto resultou atractivo, interesante e motivador para as nosas pequenas e pequenos, resultou excepcional poder vivenciar, falar, coñecer e identificar de maneira personalizada a nosa/súa vila.
Consideramos conseguidos os seguintes criterios de avaliación:
Coñecer monumentos, espazos naturais e lugares significativos de Vilagarcía.
Coñecer as diferentes parroquias de Vilagarcía.
Coñecer as lendas de Urco, o Carballo Comepedras e a do monte Lobeira.
Gozar coa escoita das lendas .
Gozar sendo actrices e actores na nosa vila.
Utilizar os medios audiovisuais( tablet, ordenador, cámara...) como medio de expresión e comunicación.
Amosar satisfacción persoal polo resultado final obtido na elaboración dos produtos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario