martes, 8 de xuño de 2021

1ºC e 2ºC do Anexo

Comezamos o primeiro trimestre recoñecendo o nome e a dirección da casa onde viven e facendo o correspondente debuxo. Despois fomos ampliando ao barrio e a vila. Mediante visualizacións de imaxes e fotos, foron capaces de diferenciar aldea, vila e cidade. Aproveitamos para dar a coñecer as principais sinais de tráfico (simboloxía e representación). Continuamos coas normas de convivencia que todos debemos coñecer como cidadáns e rematamos recoñecendo primeiro mediante fotos e imaxes os edificios e prazas máis importantes da nosa cidade; e xa por último fixeron unha representación gráfica nun mural que foi exposto polos corredores do colexio.


No segundo trimestre centrámonos no Concello, iniciamos co visionado de vídeos e láminas dando a coñecer como é a súa organización, cales son as distintas actividades que realizan os traballadores e a organización das tarefas que levan a cabo. Centrámonos nas funcións do alcalde e dos concelleiros.

* Debido a situación socio-sanitaria a visita que tiñamos prevista facer ao Concello non se levou a cabo.



Neste terceiro trimestre, estamos traballando con Google maps na aula, para que o alumnado teña unha visión real da súa vila. Ademais, establecemos diferentes rutas indo como peóns ou indo en transporte. Aproveitaremos para recordar e reforzar as normas básicas da educación viaria, así como todos os aspectos que poidan xurdir relacionados coa educación ambiental e a protección de espazos naturais. Para rematar, no mes de xuño temos previsto realizar unha saída pola cidade visitando os edificios e prazas máis representativos. Así poderán identificalos e valorar o uso e a utilidade que teñen para a poboación.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario