Este curso non puidemos traballar no PDI ata finais do 1º trimestre debido a que houbo que facer un traballo engadido para afianzar as aprendizaxes do curso pasado polas circunstancias da pandemia.
Tratamos de seguir a programación, pero houbo certa flexibilidade tendo en conta os intereses e as iniciativas do alumnado na realización das actividades.
Comezamos coa aplicación “Google Earth” para ter unha visualización xeral da nosa vila: elementos da paisaxe natural, transformada e as parroquias que forman o noso concello.
Traballamos e interpretamos o mapa de Vilagarcía: Situación xeográfica, orientación, formas do relevo, construcións, parroquias do concello…
2º TRIMESTRE
Fixemos un percorrido polas rúas do pobo na web “Street View”, localizando os lugares e edificios emblemáticos, o noso colexio, os parques onde xogamos e as nosas casas.
Aprendimos a interpretar un roteiro.
Realizamos a ruta histórica seguindo o mapa, cada un coa súa familia.
Investigamos sobre o escudo e a bandeira de Vilagarcía. Realizamos un debuxo e un traballo sobre o seu significado.
Vimos vídeos sobre a Vilagarcía dos nosos avós e bisavós: “Cando o mar bañaba Vilagarcía”, “Vilagarcía antiga”, “A Vilagarcía dos nosos avós”,”A Vilagarcía perdida”, “Aquel xardín de Ravella”, “Arosa Bay”,…
Esta actividade espertou gran interese nos alumnos e de aquí xurdiron iniciativas e propostas de traballos.
Supuxo un acercamento ás formas de vida e costumes nas épocas pasadas resultando moi enriquecedor.
Descubrimos que as mulleres levaban cestas na cabeza, o oficio das lavandeiras, a “roupa a clareo”, abastecemento da auga das fontes utilizando “baldas ou sellas” que tamén levaban as mulleres na cabeza, nenos da súa idade levando un carro de vacas, …… e todo o riquísimo patrimonio que xa non existe.
Comparamos fotos antigas e actuais das prazas e das principais rúas.
Iniciamos a busca de información e elaboración de pequenos textos para as exposicións orais “Sabías que…?” sobre os seguintes temas:
A orixe de Vilagarcía.
Edificios e construcións: Balneario da Concha, Casa de Cachúmbala, Casa Güimil, Lavadoiro do Con, Peirao de Ferro e o edificio do Anexo.
Escultura do “Dr. Fleming” situada no xardín que leva o seu nome e que está diante do noso centro.
Bibliografía do Dr. Fleming.
Praza de Ravella.
Praza da Independencia.
Lobeira e o seu castelo medieval.
Rebelión dos vilagarciáns contra a invasión dos franceses.
Visita da Flota Inglesa e anécdotas.
Fundación do tren: o tren Sarita e o tren de Varela.
Visita de Sorolla.
Lendas: lenda da “Coca”, lenda do “Louro” e lenda do “túnel entre Lobeira e Vista Alegre.
Festa de San Roque: acompañamento tradicional do santo desde a parroquia á capela de San Roque e o pasodobre do “Triunfo”.
3º TRIMESTRE
Neste trimestre continuamos co traballo de investigación, realización de textos e exposicións orais iniciado no 2º trimestre.
Decidimos facer un libro coa recompilación dos traballos.
Aproveitamos as fotografías recollidas na elaboración dos traballos para expoñelas no corredor.
Un vídeo sobre a visita da flota inglesa.
Conto baseado na invasión dos franceses de Vilagarcía.
Saída ao Monte Xiabre para traballar:
Goce da natureza.
Observación da paisaxe natural e modificada de Vilagarcía.
Debuxo dun sinxelo mapa.
Observación da vexetación e da fauna.
Interpretación de carteis informativos: normas e comportamento nun espazo natural.
AVALIACIÓN
O tema espertou grande interese nos alumnos e as súas familias; sendo bastante satisfactoria a súa implicación.
O feito de empezar tarde, así coma a cantidade de produtos que foron xurdindo, fixo que o tempo se quedara curto. No momento de facer esta memoria quedan algúns traballos por rematar que serán acabados nos vindeiros días.
MATERIAIS E FONTES UTILIZADOS PARA O TRABALLO
Mapas da oficina de turismo do concello.
Páxina web: www.patrimonio vilagarcia.com
Víctor Viana. Historias villagarcianas. Xunta de Galicia.
Marcos Calveiro. O xardineiro dos ingleses. Ed. Galaxia. Vigo 2017.
Vilagarcía a perla de Arousa. Deputación de Pontevedra.
1º TRIMESTRE
Revistas “eSmás Vilagarcía”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario