martes, 8 de xuño de 2021

3ºA e 3ºB da Lomba

 

  • 1º Trimestre:

  • Traballamos o persoeiro da rúa que nos correspondía na nosa zona “ José Viqueira Barrio” . Buscamos en Google Maps a rúa, dando a casualidade de que un neno de 3º A vive nunha casa nesa rúa.

  • Elaboramos una ficha coa biografía de José Viqueira Barrio e investigamos sobre a colección de minerais que posuía. Tamén visitamos de xeito virtual o Museo de Ciencias Naturais de Santiago de Compostela, onde está exposta na actualidade.

  • Elaboramos una pequena colección de minerais con pedras e rochas do patio, imitando ao persoeiro do que estabamos a falar.


  • Mural “Vive a túa vila” no corredor da zona das clases de 3º.

  • Inclúe a bandeira e o escudo da nosa vila.

  • Investigación acerca do escudo e da bandeira de Vilagarcía: autores, representacións, simboloxía e cores.


  • 2º Trimestre:

  • Coincidindo coa celebración do Día da Muller, o 8 de marzo, elaboramos un traballo de investigación acerca das mulleres máis notables da nosa vila. Cada unha das mulleres seleccionadas enviounos unha pequena biografía adaptada ás idades do noso alumnado e, a partir de ahí, fixemos uns escritos nos que falamos da súa vida acompañados dun debuxo interpretativo a partir das fotos desas mulleres.

  • Expuxemos os nosos traballos no taboleiro da entrada co título: “Mulleres da nosa vila”.

  • No caso de 3º, as mulleres que traballamos foron:

  • María de la Barrera…bombeira

  • Paola María Mochales…arquitecta

  • María de la O González…concelleira

  • Sara García…futbolista

  • Sara Gómez…xogadora de baloncesto

  • Marina Penas…cantante lírica

  • 3º Trimestre

  • Elaboración do libro “Contos de boas noites para nenas rebeldes da nosa vila” a partir dos traballos do alumnado do 2º trimestre.

  • Traballamos a historia de Vilagarcía de Arousa a partir de fichas elaboradas polas mestras con textos informativos, comprensión escrita e expresión oral e escrita.

  • Elaboración no mural da entrada dunha liña do tempo da historia da nosa vila:

  • Prehistoria: petroglifos Os Ballotes

  • Castelo de Lobeira

  • Guerra da Independencia

  • Chegada do tren

  • O rei Alfonso XIII e o seu palacio en Cortegada

  • Chegada dos ingleses

    Persoeiros ilustres da nosa vila

     


     

Ningún comentario:

Publicar un comentario