martes, 15 de abril de 2025

Chefs na Lomba

 O alumnado de 4º A da Lomba quixo facer o seu propio Masterchef e aproveitando os recursos da biblioteca puxo en marcha o seu concurso.


 

Polas mañás os cociñeiros e cociñeiras desa xornada, preparaban o que precisaban e diante do resto da clase cociñaban e degustaban os manxares. E pensaredes que é doado... pois non o é tanto, tiñan que saber facelo, si, pero tamén escribir a receita, saber explicar ordenadamente os pasos, non esquecer ingredientes na casa, o emplatado... Aquí queda unha pequena mostra.





O resultado foi fabuloso, eu que probei varias das  viandas podo dicir que esta rapazada non vai morrer de fame, son uns artistas👏👏👏👏 

martes, 8 de abril de 2025

Uxía e o mar

 Olaa, 

Desta volta vouvos contar porque falamos de Uxía. Hoxe estivo no Anexo David Rodríguez, ao que xa coñeciamos do curso pasado, contando esta historia tan bonita: "Uxía e o mar"

Claro, para nós que vivimos en Vilagarcía eso de ver o mar, parécenos o máis normal do mundo, pero Uxía non vive aquí, e nunca o vira antes... ¿chegará a velo?  He, he, nós xa o sabemos, se queredes sabelo vós, pedídeo en préstamo na nosa biblioteca ou na municipal, aínda que é tan bonitiño, que case vos diría que o mercárades.

 
Bicos mollados.

Rosalía
 

luns, 7 de abril de 2025

Fabulosas creacións das nosas artistas

 Olaaa,

Este club de manga noso está a dar froitos. Despois da visita en persoa de Alba Chan e Ene á lagoa, e de compatir con nós o seu mundo da ilustración, a rapazada do club está a facer cousas preciosas. Para mostra un botón.

 




Estamos seguros de que nuns aniños, serán elas as que veñan cos seus libros para seren entrevistadas e mostrarnos o seu traballo impreso.

 









Bicos mollados.

Rosalía

domingo, 6 de abril de 2025

Recibindo á cativada da Escola Infantil Municipal

 Olaaaa,

Houbo unha chea de días especiais para o noso voluntariado e para os máis grandes da cativada da Escola Infantil Municipal. Como xa ven sendo costume, este é o terceiro ano xa, temos a sorte de que nos veñan visitar, para coñecer o noso colexio e normalmente a biblioteca. Este ano, por mor da reorganización co cambio de sistema operativo de préstamo, a nosa biblio está un pouco revolta, pero temos no centro unha novidade: o laboratorio infantil!!! Na que era a aula de tres anos B, creouse un laboratorio no que experimentar con todos os sentidos. A biblioteca colaborou coa merca de luces negras e coa merca de máis libros de ler a escuras.

Houbo varias quendas para estas visitas, previstas para o 19, 20, 26 e 27 de marzo, pero houbo que adiar un par delas por mor do tempo, que aínda que os nosos centro están pegadiños, cando diluvia, ata ese pequeno percorrido faise moito. En cada unha destas quendas, o noso voluntariado recibiunos, levounos ata a aula e empezaron a actividade léndolles un par de contos dos que coa luz negra, as palabras e os debuxos resplandecen e podemos ler. ¡Unha chulada! Dalgunha das voltas, o voluntariado de tan ansioso que estaba por baixar, esqueceu poñer o peto, son os nervios do directo😂


Despois dependendo das obrigas deste voluntariado, algúns quedaron a botar unha man con todos os experimentos que alí se fixeron ou tiveron que volver ás aulas, pois nalgúns casos había exames ou outras actividades que non se querían perder. É que o noso cole non para, case todos os días hai algo que facer. 
























 E que saibades que saímos no xornal, que foi unha actividade que deu para falar, para experimentar, para sentir, para disfrutar e sobre todo para lembrar!!!

 E se preferides ver a nova no propio xornal, velai vai o enlace. Xornal 

¡Como presta tanta actividade!

Bicos mollados.

Rosalía.