O alumnado de 4º A da Lomba quixo facer o seu propio Masterchef e aproveitando os recursos da biblioteca puxo en marcha o seu concurso.
Polas mañás os cociñeiros e cociñeiras desa xornada, preparaban o que precisaban e diante do resto da clase cociñaban e degustaban os manxares. E pensaredes que é doado... pois non o é tanto, tiñan que saber facelo, si, pero tamén escribir a receita, saber explicar ordenadamente os pasos, non esquecer ingredientes na casa, o emplatado... Aquí queda unha pequena mostra.
O resultado foi fabuloso, eu que probei varias das viandas podo dicir que esta rapazada non vai morrer de fame, son uns artistas👏👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario