Olaaa,
Estou moi emocionada. O noso centro participou no CantArousa, un coro infantil formado por alumnado de moitos dos centros de ensino de Vilagarcía co gallo do aniversario do Conservatorio de Música.
Os mestres de música foron os encargados de ensinar e ensaiar as cancións ao seu alumnado, e despois fixemos un ensaio xeral de como entrar, onde poñerse, como seguir as indicacións da directora do coro, como seguir aos músicos e músicas que os acompañaban... Foi un traballo duro e non tiñamos moi claro como ía saír aquilo. ¡¡¡Non sei por que nos preocupamos!!!
Foi unha auténtica delicia e saíu tan ben e cantaron e fixeron todo tan compasados que parecía que levaban anos ensaiando xuntos 😍 ¿non me credes? Aquí deixo as probas.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario