MEMORIA5º CURSO A e B “ Pasiño a pasiño, A Lomba no
Camiño”
Neste curso 2021-22 os
grupos de 5ºA e 5ºB realizamos prácticamente a totalidade das actividades
programados a principio de curso engadindo algunha máis que consideramos
axeitada para completar o estudo do Camiño de Santiago.
Foi un estudo moi
interesante e ameno do Camiño de Santiago con actividades realizadas en
cooperación por parte do alumnado de ámbolos dous grupos.
A
continuación expoñemos as actividades que se realizaron ao longo dos tres
trimestres e ao final unha galería de imaxes.
Elaboración
do traballo O CAMIÑO DE SANTIAGO NA HISTORIA
-Localización no mapa dos
Camiños de Santiago existentes co estudo de medidas de tempo, lonxitude e
superficie (operacións coas quilometraxes das distintas etapas do Camiño)
-Busca de datos en internet
sobre a historia do CAMIÑO DE SANTIAGO. Historia da música: Pórtico da gloria.
Música na Idade Media en Galicia (influenzas doutras músicas da través do
Camiño).
-Elaboración do mural “Seres
mitolóxicos no Camiño”.
-Interpretación de Cantigas de
Santa María con carrillón.
-Elaboración de textos coas informacións
recabadas.
- Creación do noso traballo O
CAMIÑO DE SANTIAGO NA HISTORIA – SERES MITOLÓXICOS E FANTÁSTICOS
Áreas traballadas: Ciencias
sociais, Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá, Ed. musical e plástica,
Ed. en valores, TIC,s
Mural/
carteis: Unha boa alimentación para un bo camiño
-Recabar información sobre os
bos hábitos de saúde.
-Traballo con medidas de
capacidade e masa para elaboración de menús saudables.
-Investigación en guías de alimentación
e internet sobre os alimentos idóneos para darnos exerxía e rendir na
realización do Camiño.
- Interpretación grupal dunha
canción relacionada coa alimentación.
-Realización do mural con toda
a información e gravación da interpretación musical.
-Arte e alimentación (bodegóns
e pintores).
-Busca en internet de etapas,
albergues e restaurantes.
Áreas traballadas: Matemáticas,
Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias naturais, Ed. plástica e musical,
TIC,s, Ed. en valores.
Estudo
e exposición: AS PAISAXES GALEGAS NO CAMIÑO
-Estudo das paisaxes naturais
-Estudo sobre o medio ambiente
e o coidado do mesmo (reducir, reempregar e reciclar. Creación de instrumentos
musicais con materiais de reciclaxe)
-Investigación sobre as
diferentes culturas e tradicións dos lugares que atopamos na Galicia do Camiño
de Santiago (linguas, tradicións...)
-Instrumentos da música
tradicional. Emprego das cunchas na interpretación de Terra.
- Xogo matemático ”Misterio da
Cuncha do peregrino desaparecido” (tipo “scape room”).
Áreas taballadas: Cc.
Naturais, Cc. Sociais, Ed. musical e plástica, TICs, L. Castelá e L. Galega,
Ed. en valores
Ao remate de curso
fixemos unha saída-excursión a Santiago de Compostela como complemento ao estudo
da historia do Camiño. Nesta excursión visitamos o Museo das Peregrinacións e
aínda que fomos coa idea de visitar a Catedral e o Monte do Viso para ver as
estatuas dos seres mitolóxicos que traballamos no primeiro trimestre, debido ao
aforo completo da catedral e ás inclemencias do tempo non foi posible.
O alumnado de 2º da Lomba tiña organizado para facer o seu PDI
sobre a ruta do Pai Sarmiento, que pasa pola nosa vila e así o
programáramos. Saíron as convocatorias do Plan Proxecta da
Consellería e entre elas había “Vexo veo, Xacobeo” que viña
concordar bastante coa nosa proposta inicial, salvo que a ruta do Pai
Sarmiento non entraba nas rutas xacobeas, polo que variamos o
programado, para ter cabida nesta convocatoria, e tivemos a tremenda
sorte de ser un dos centros seleccionados.
Traballamos o Camiño
Ruta do Mar de Arousa e río Ulla. O primeiro de todo aprendemos que
era iso do Camiño, en que se baseaba e porque a xente o percorría.
Vimos que con independencia doa súa orixe, relixiosa, o Camiño xa
transcendeu e converteuse en algo máis amplo, abarcando a cultura, a
arte, o compañeirismo... Aprendemos o seu percorrido e nos centramos
na “Traslatio” o percorrido que supostamente fixeron os restos do
Apostolo dende Terra Santa entrando pola ría de Arousa ata Iria
Flavia e dende aló continuando a Santiago.
Como o alumnado e 4º
fixo unha maqueta desta ruta, estivemos mirando o seu traballo e
recoñecendo as etapas e os lugares por onde pasa. Tamén visionamos
o vídeo “Floreano e Monchiña na variante Espiritual” pois
parte do percorrido coincidía co noso.
Traballamos o Camiño
Ruta do Mar de Arousa e río Ulla. O primeiro de todo aprendemos que
era iso do Camiño, en que se baseaba e porque a xente o percorría.
Vimos que con independencia doa súa orixe, relixiosa, o Camiño xa
transcendeu e converteuse en algo máis amplo, abarcando a cultura, a
arte, o compañeirismo... Aprendemos o seu percorrido e nos centramos
na “Traslatio” o percorrido que supostamente fixeron os restos do
Apostolo dende Terra Santa entrando pola ría de Arousa ata Iria
Flavia e dende aló continuando a Santiago.
Como o alumnado e 4º
fixo unha maqueta desta ruta, estivemos mirando o seu traballo e
recoñecendo as etapas e os lugares por onde pasa. Tamén visionamos
o vídeo “Floreano e Monchiña na variante Espiritual” pois
parte do percorrido coincidía co noso.
Para o Entroido o
noso disfrace foi de peregrinos antigos. Nas casas fixeron as capas e
nós, nas aulas o sombreiro, a cabaza, a cuncha e as cruces de
Santiago.
Lemos contos coma
“Marosa e Mariña camiñan a Compostela”, “Unha vaca marela en
Compostela” “¿Unha pantasma na cidade?, "Bo camiño, peregrino!", "Bo camiño, Valentino", "Camiño portugués da costa". Investigamos cos libros
da biblioteca e aprendimos que hai moitos outros Camiños ademais do
que nós iamos facer.
Con Google Maps
fomos facendo o noso percorrido e aprendendo cousas coma que o único
Via Crucis matitimo-fluvial do mundo témolo nós. Tamén miramos enlaces dende onde coñecer algo máis do noso Camiño. Ruta-do-mar-de-arousa-e-rio-ulla Preparamos a
excursión para saber todo o que iamos ver. Santiaguiño do Monte, o
Xardín Botánico de Padrón, a casa museo de Rosalía de Castro que
tan ben estudaramos no aniversario do seu nacemento, xa que coma
dixemos antes, o Camiño é cultura, medioambiente, compañeirismo... Cun mural puxemos o percorrido da nosa Traslatio e chegada a Santiago.
A primeira etapa da
nosa peregrinaxe foi o 10 de maio. A saída foi dende Vilanova, onde
antes de embarcar, os Quinquilláns representaron “Por que é
salgada a auga do mar?” e nos acompañaron ata o barco cuns animais
mariños enormes. Unha vez zarpamos, sabendo xa sin ningún tipo de
dúbida que aquela auga era salgada e non doce, o patrón puxo rumbo
Pontecesures. Fixámonos nas bateas, que xa sabemos que é onde nacen
os mexillóns, vimos Vilagarcía dende o Mar e pasamos por detrás de
Cortegada e As Malveiras e As Briñas, conxunto de illas que sabemos
que pertencen ao Parque das Illas Atlánticas, entorno protexido.
Remontando o río
Ulla os mareos que lle entraran a algúns, pois o vento do norte fixo
que a viaxe fora un pouco movida, diminuíron. Iamos pendentes de ver
os cruceiros polo río arriba, dun lado e doutro, avisando aos
compañeiros dos avistamentos.Como non, as Torres de Catoira foron un momento importante, pois xa estiveramos alí facendo unha carreira escolar ao comezo do curso.
Cando chegamos ao
porto de Pontecesures levamos unha tremenda sorpresa, pois alí
estaba Anxo Moure acompañado dun acordeonista dándonos a benvida
con música. Pronto marcharon, pero Anxo xa nos dixo que despois iría
ata o noso punto de encontro.
Despois dunha
pequena merenda para repoñer forzas, empezamos a nosa peregrinaxe a
pé. Xa sen as sudadeiras que daban calor, coas nosas gorras e crema
solar botada, botamos a andar. Foi moi doado, só tiñamos que seguir
as Flechas que ben sabiamos que eran as que indicaban a ruta. Fomos
saudando ao resto dos peregrinos e persoas que atopabamos e tendo
conta tamén dos coches que por aqueles camiños circulaban, indo
pola esquerda, que é por onde teñen que ir os peóns. Ver, víasenos
ben, pois levabamos uns chalecos reflectores, parte da vestimenta que
dende o Vexo veo, Xacobeo nos enviaron para cada rapaz. Cando
chegamos ao paseo do Espolón estabamos tan cansos e famentos que
subimos ao autobús que nos levou por diante do monumento a Rosalía
de Castro ata o Santiaguiño do monte.
Comemos e enseguida
chegou Anxo Moure de novo para nos contar unha chea de cousas sobre o
Camiño, nomes das barcas que traballan na ría e no río, que hai un
monstro que quere emporcallar todos os Camiños. Cantamos e fomos de
“viaxe” na barquiña que trouxo con el, unha gamela de dúas
popas e ata tocamos a pandeireta. Como na clase leramos o conto de
“Carballo con Botas” que levamos para que llo asinara á nosa
Rosalía, a mascota da biblioteca, tamén nos contou en persoa o
conto do carballo.
Despois de deixar
todo recollido, sen lixo no chan, baixamos mirar o xardín botánico
onde unha guía do Concello contou e falou das árbores máis
interesantes que alí teñen. Na casa Museo de Rosalía de Castro
vimos como era a casa onde vivira, libros dos que escribiu, a cama
onde durmía e roupa e vestimenta dela e do seu home. Recoñecemos
moitas das cousas que estudaramos e xa esgotados volvemos para casa.
Como sabemos que os
peregrinos van selando as etapas que percorren para conseguir a
“Compostela”, acreditación de ter feito o Camiño, os nosos
mestres prepararon unha para nós e a levamos selada coma proba e
recordo da nosa excursión.
A nosa peregrinaxe
non rematou aquí. Na segunda etapa, o 2 de xuño, fomos en autobús
a Santiago, miramos a Catedral todo polo redor, alucinando coa de
peregrinos que había, as colas para entrar pola Porta Santa e sobre
todo, o bonita que é a Catedral.
Paramos no “Museo das
Peregrinacións” e alí nos contaron moitas cousas, vimos maquetas de como foi medrando a catedral, de cousas que apareceron coas excavacións, diferentes estauas representando ao apostolo e cales eran verdadeiras e cales non, como a figura de Santiago traspasou fronteiras, máis aló de Europa, pois ata América chegaron as figuras e as festas na súa honra. Pero tamén
quedaron sorprendidos da cantidade de cousas que nós sabiamos e do
noso viaxe en barco. Aprendimos o nome da torre do reloxo, a Berenguela, e porque só ten unha agulla e comprobamos en persoa o ben que soa. Demos volta todo ao redor da catedral, co nome das prazas e os oficios asociados a elas, fixemos
fotos, saudamos aos peregrinos/as, o tren turístico estaba no Obradoiro para poder dar unha
volta e enseguida tivemos que volver cara o autobús para chegar ao
colexio.
Foi unha excursión máis curta que a primeira, pero sentímonos peregrinos completando a súa meta, a chegada a Santiago de Compostela.
No colexio tamén xogamos con Tina Calixtina Video xogo
Somos uns expertos
do Camiño e foi unha experiencia inesquecible.
Deixamos o enlace ao
vídeo que nos fixeron dende o “ Vexo veo, Xacobeo”
VALORACIÓN PDI: PASIÑO
A PASIÑO A LOMBA NO CAMIÑO (1ºC e 2ºC)
Comezamos o primeiro trimestre recoñecendo o nome
e a dirección da casa onde viven e facendo o correspondente debuxo ademais
utilizando o Google maps recoñecemos as distintas rúas, as prazas mais importantes,
edificios representativos da nosa contorna e tamén de Santiago de Compostela. A
través de imaxes e fotos, foron capaces
de diferenciar aldea, vila e cidade. Traballamos as normas de convivencia na
aula para despois transferilas á vida cotiá e ao espírito do camiño.
No segundo trimestre utilizando imaxes, fotos,
vídeos, contos, lendas... coñecemos a historia do Camiño. Comparamos a
vestimenta dos peregrinos antigos e os actuais , os utensilios , os símbolos e
as maneiras de facer o Camiño ao longo do tempo. Aproveitando a festividade do
Entroido disfrazáronse de peregrinos antigos, fixemos un desfile polo pobo e
puxemos as nosas pegadas polos corredores do colexio simulando o Camiño de
Santiago.
Neste terceiro trimestre, relacionamos a vida san
co camiño de Santiago. Valoramos manter unha alimentación equilibrada para
coidar a nosa saúde a través de fichas , de traballos , visualización de
vídeos, exposicións orais, contos...