mércores, 26 de xaneiro de 2022

Camiñamos cara a Paz

 Nas aulas xa se está a traballar o tema da Paz, e uns alumnos e alumnas de 5º B queren compartir con todo o mundo unhas lecturas. ¡Que ben o fan!


Daniela. Solo tres letras


Miguel. El camello y el tanque.


Alba. La Paz se construye hoy.


Dámaso. Ghandi.


Gonzalo. Anécdota Ghandi.


Douaa. Qué es la felicidad.


Alessia. Los clavos.


Espero que o disfrutárades.

Bicos mollados.

Rosalía

luns, 24 de xaneiro de 2022

Aquí está a canción da Paz

 Deixo aquí a canción da Paz que cantan os alumnos do noso centro e que cando dende as aulas fagan debuxos coa letra da canción, montaremos nun vídeo. Polo de agora  só o audio e maila letra.

Apredédea ben😉



Bicos mollados.
Rosalía


mércores, 19 de xaneiro de 2022

O voluntariado de 6º

 Olaaa!

Os nosos voluntarios e voluntarias de 6º están a botar unha man na biblioteca. Grazas a eles os libros de préstamo voltan aos seus andeis, as novas incorporacións teñen os texolos protexidos e  os expositores das distintas efemérides énchense de libros. Da xenio telos pola biblioteca adiante😍

Graciñas a todos eles e elas.


Bicos mollados.

Rosalía

sábado, 15 de xaneiro de 2022

Xa estamos de volta

¡¡¡¡ Feliz Ano a todos e todas!!!!

Xa estades de volta no Colexio e estiven agardando a que viñeran á biblioteca para poder abrir os agasallos que nos deixaron as súas maxestades os Reis Magos. Que nervosa estaba, menos mal que algúns rapaces e rapazas de 3ºB viñeron visitarme e abriron os paquetes. Libros, xogos e ata unha lanterna para contar contos, enseguidiña estarán catalogados para poder usalos.



Bicos Mollados

Rosalía

xoves, 23 de decembro de 2021

Chegaron as vacacións

 Pois xa chegaron as vacacións e antes de marchar para casa dende a fiestra da biblioteca mirei e escoitei o ben que cantabades e bailabades. Iso si, menudo susto levei cando escoitei as alarmas do coche de bombeiros!!! ¡Pensei que prendera lume o colexio! Pero non, eran os paxes das súas Maxestades que viñeron recoller o correo e dar un pequeno agasallo como remate do ano.

Desfrutade das Festas, pero tede sentidiño, que se está a complicar todo e á volta querevos ver a todos.





Bicos Mollados

Rosalía


martes, 21 de decembro de 2021

Repasando o retrouso da Panxoliña

 Antes de baixar ao patio, a clase de 2º B pasou pola biblioteca para repasar o retrouso da panxoliña elexida este ano "Canto tempo" (panxoliña do Camiño) de Jesús Pareja. Para isto voltaron usar os robots e comprobaron coma podían acompasar a velocidade do recorrido ao canto.


¡Felices Vacacións!

Bicos mollados

Rosalía

luns, 20 de decembro de 2021

Repasando contidos coa robótica

 Hoxe estivo o alumnado de 2º A e 2ºB na biblioteca repasando cos robots parte do contido deste trimestre. Pasárono fenomenal e sen se decatar pasou o tempo. Velaí o que desfrutaron.


Bicos mollados.

Rosalía

venres, 17 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 21

 Aquí vos deixo as recomendacións para lle escribir a carta aos Reis Magos ou a Papá Noel ou simplemente para poder mercar libros, música... que calquera excusa é boa para iso.

Levar xa as levastes para casa, pero coma sempre pode haber algún despiste ou perda, mellor que as poidades consultar aquí.

¡¡¡Desfrutade das vacacións!!! 🎁🎁🎄🎄🎅



Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 16 de decembro de 2021

Que cerquiña está o NADAL

 Xa non queda nadiña para as vacacións e coma tódolos anos van as recomendacións lectoras con vós para  casiña. Pedir xoguetes a Papá Noel ou aos Reis Magos está moi ben, pero non vos esquezades de poñer un libro ou dous nas peticións. Eu xa teño a miña carta lista🐸

Mentras, podedes usar algún dos libros que falan desta estación. Puxen no expositor algúns e cando me decatei, xa voaran!!!


Bicos mollados.

Rosalía

Continuamos Debullando Contos

 Nesta ocasión, foron os de 4º A os que se reuniron con Fernando para falar dos manga de Naruto que leran. Alí estaban as figuras en "Plástico" para poder velas en "carne e óso" (eu achegueime para velas mellor👀). Ata os debuxos en versión orixinal estiveron presentes, porque cando se dobla unha serie, tanto sexa de persoas, coma de debuxos, perdemos a entoación primeira, e se é como no caso do xaponés, que seguro que ninguén entende nada, continuamos lendo os subtítulos. ¡¡O caso é ler!!


Outro día tanto os de 4ºA coma os de 4ºB viñeron buscar o libro que neste Nadal desfrutarán na casa, para comentar á volta. Foi Mariel a encargada de darllos e facer unha pequena introdución sobre as Formig4s. Ós de 5º xa o leron e quedaron encantados. agardamos que eles e elas tamén.

4ºB

4º A

Os de 5º ían levar os mangas, pero desafortunadamente, varios dos compañeiros e compañeiros están recluídos na casiña, por culpa do Covid, así que esperamos para ver se para a semana, antes de marchar, xa se incorporan ás aulas e así pode levar todo o mundo o seu libro. Esperemos que si💪💪

Bicos mollados.

Rosalía

venres, 3 de decembro de 2021

Visita de Peúgo á Lomba

 Olaaaa:

¡¡Que contenta estou!! Hoxe, aproveitando que é 3 de decembro, Día das persoas con discapaciade, aínda que a mín gústame máis dicir que son persoas con capacidades diferentes, e aínda lembrando moi que o 25N foi apenas unha semana, tivemos a sorte de que nos acompañara no edificio da Lomba Peúgo, o calcetín melenudo, que veu xunto coa súa escritora/inventora, Jessica Rodríguez. Os rapaces e rapazas de 2º foron os afortunados que puideron desfrutar da súa presenza, ademais de escoitar pola boca de Jessica o conto, e fixeron unha chea de actividades.

O primeiro de todo foi aprender que quería dicir "Peúgo" e que agora xa sabemos que é outro xeito de lles chamar aos calcetíns, así que o do título do libro xa estaba aclarado. Despois quitamos os zapatos para que así todo mundo mirara os calcetíns que levaban. Case todo o mundo levaba un par igual, e digo case todo o mundo, porque Jessica non. Ela lucía dous fermosos calcetíns desparellados, E así comezou o conto.

Repartiu tarxetas con palabras que ían saír no conto e os que tiñan as tarxetas tiñan que facer un movemento silencioso cando soaba a súa palabra. Algún xa me fixei eu que se puxo un chisquiño nervoso por se non escoitaba a palabra en cuestión...😂

Ao rematar, falaron por parellas do que lles parecera o conto durante 1 minuto para despois dicilo en alto. Tamén fixeron unha roda e cando Jessica lles lanzaba unha pelota,  dicían unha palabra das do conto. Con pezas de construcción, por grupos fixeron o seu deseño de calcetín e por grupos tamén buscaron no conto as ilustracións e debuxos que acompañan a historia e que foron debuxadas por Victoria Rem.

Xa na mesa, cada un tiña un trozo de papel, o seu estoxo con pinturas e un calcetín chulísimo para mirar durante 1 minuto e despois, de memoria, co calcetín debaixo do cu para non facer trampas, debuxaron o que lembraban. ¡¡Qué artistas e que memoria de elefante!!!🐘🐘 Quedaron uns deseños preciosos, xa que despois comprobaron se a súa memoria era tan boa coma pensaban.

Que mañá tan chula, foi un pracer ter a Jessica con nós, e esperemos que venda moitos libros, para que a xente coñeza a Peúgo e a súa historia e así, aprendan, igual que o fixo o alumnado de 2º que non debemos deixar que ninguén nos faga dano, que debemos estar con quen nos queira, sexa igual a nós ou non, e que con imaxinación, todos podemos ter outra oportunidade, que non pasa nada se temos un roto ou un descosido, o importante é querernos e ser quen de facer moitas cousas aínda que non sexan as que todo o mundo pensaría, pois cadaquen ten unhas capacidades diferentes.

Aquí vos deixo unha foto que nos fixemos Peúgo e máis eu, e un vídeo onde poderedes ver o ben que o pasamos.




Bicos mollados.

Rosalía


luns, 29 de novembro de 2021

E hoxe máis Clube de Lectura de 6º

 O alumnado de 6º que está a ler El herrero de la luna llena reuniuse hoxe para falar sobre o libro coa profe Charo. Están a aprender moitas cousas interesantes sobre o Camiño e as supersticións que había naquela época.





Bicos mollados.

Rosalía


venres, 26 de novembro de 2021

DR.SLUMP con 4ºB

 O clube de lectura continúa e foron os de 4ºB os que hoxe despois de ler o primeiro tomo de Dr. Slump e comentar con Fernando o que máis e menos lles gustara, pediron que na biblioteca continuase a colección para non quedar coa intriga do que pasa. 

Algúns tiveron a sorte de poder facerse unha fotografía coa gorra de Arale e coa boneca que xa é máis vella ca eles, pois leva uns 20 anos na casa de Fernando, pero todos e todas as puideron manipular. 

Como non, miraron trozos dos debuxos na televisión e a relación con Son Goku. ¡¡¡A de cousas que aprendín hoxe escoitándoos!!!


Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 25 de novembro de 2021

25N NA BIBLIOTECA

 Nesta xornada de visibilización e de traballo na escola por parte do equipo de Igualdade, a biblioteca por suposto que ten moito que dicir. As lecturas que vos propuxemos foron de viaxe polas aulas e axudaron a entender un pouquichiño mellor que quere dicir isto de Violencia de Xénero.



O colexio luciu así de ben e coas nosas pulseiras (eu tamén teño) levamos fora do centro a nosa mensaxe. Na páxina web do centro están  os enlaces dos vídeos e máis do anuncio co que pretendemos facer chegar as familias e a contorna o que pensamos.

https://youtu.be/tPIVHm-qaiI

https://youtu.be/KGm-UgI3v3U

https://youtu.be/hueZng9RqLY

Bicos mollados.

Rosalía


domingo, 21 de novembro de 2021

O Magosto. Receitas con castañas.

Dende o equipo de normalización pediron para este Magosto que dende as casas investigaran e trouxeran refráns, ditos, receitas de castañas... Na aula de 2ºB fixeron a súa parte e ademais deses refráns, a receita que trouxo Anaís pareceulles tan apetecible, que decidiron facela na Biblioteca, pero como non reservaran a hora e xa estaba ocupada, levaron o forno para a clase. Deíxovos o vídeo de todo o proceso.



Bicos mollados.
Rosalía



venres, 12 de novembro de 2021

¡¡¡DEBULLANDO CONTOS!! Clube de lectura da nosa Lagoa

 Ola!!!!

Este ano veño con moitas enerxías así que decidín formar nesta nosa lagoa clubs de Lectura. Coma nestas reunións o que facemos é debullar contos e historias, falar deles e sacarlle todo o seu xugo, así quedou o nome:  "Debullando Contos" ¿Gústavos?

Estou contentísima, porque ainda que sabía que fixo que íanse apuntar moitos rapaces e rapazas, o resultado foi espectacular!!! Oito grupos e iso que este ano, somentes llo ofertamos a 4º, 5º e 6º, que estamos a comezar e ainda non sabemos moi ben como vai saír este "experimento" Fixemos de dous tipos, de narrativa en prosa e de comic manga. 

O 10 de novembro comezaron os de 6º recollendo o libro : "El herrero de la luna llena" A mestra Charo é a encargada deste grupo e do grupo dos de 5º é a mestra Mariel co libro: "Formigas Misión Camiño de Santiago". Para que o noso Camiño do PDI se enriqueza eleximos estes dous títulos. Coa emoción esquecimos facer fotos destas primeiras reunións. Prometemos que para a seguinte estaremos todos ben guapiños e guapiñas😁


Ó día seguinte, foi o turno dos de 4ºA e 4ºB que son tantos que houbo que facer dous grupos. Eles comezaron co manga e desta volta si que fixemos as fotos. O profe Fernando é quen leva estes grupos de Manga, non podía ser doutro xeito, é o mestre especialista!!!


Nas próximas semanas teremos máis reunións e comentaremos como vai a lectura, o que máis nos gustou (ou non), as cousas que nos chaman a atención... en fin, debullar as historias, que é do que se trata.

Bicos mollados.

Rosalía


mércores, 3 de novembro de 2021

CURTAS

 En Vilagarcía temos a sorte de que se celebren actividades como Curtas, Festival do imaxinario, e dentro del, a literatura tamén ten o seu recuncho. O escritor Xan Eguía, falou de "Seres mitolóxicos do Camiño" Entrevista a Xan Eguía  que tan ben cae para o PDI deste ano, e falando de Banda deseñada, trouxeron a Inés Vázquez. Entrevista a Inés Vázquez

 Ista escritora e debuxante galega deste precioso libro "Aldara", que despois de que rematara a súa entrevista, tivo a ben asinar, adicar e debuxar un exemplar para que poidamos ter na nosa lagoa. Nel fala da lenda da Cerva Branca, no Courel. ¡¡Non o perdades!!





Bicos mollados.

Rosalía.

venres, 29 de outubro de 2021

O noso Samaín

 Coma tódolos anos cando se achegan estas datas, o expositor da biblioteca se carga de lecturas terroríficas, coma xa vistes na publicación anterior.

Tamén houbo lecturas terroríficas nas aulas do anexo. Aquí temos unhas pequenas mostras do ben que o fixeron.






E na Lomba as cabazas e as merendas tamén foron monstrosamente especiais.


Bicos mollados!!!!

Rosalía🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

domingo, 24 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas e Samaín en camiño


 

Hoxe, 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e nós non imos ser menos. Dende a nosa biblioteca están xa listas as mochilas viaxeiras para que este ano con máis motivo que nunca, emprendan o seu "Camiño"

O expositor do Samaín tamén está preparado, é máis, entre que o puxen e volvín mirar, xa houbo quen decidiu levar eses libros á súa casa, así que lles puxen outros no sitio. Pasou o mesmo no Anexo.






mércores, 20 de outubro de 2021

A Lomba nas Ondas


 ¡¡Aquí estou!! ¿guapa, non si? e igual vos preguntaredes que estou a facer con estes cascos e ese micrófono... moi sinxelo. Como xa vos dixen a principios de curso, este ano o verán prestounos e vimos con moita forza para nos meter en novos proxectos. Un deles é a radio escolar e o equipo de biblioteca está a traballar moito. Xa temos nome para a nosa emisora: "A Lomba nas Ondas" pero precisamos da vosa axuda para o nome dos programas que faremos tanto na Lomba coma no Anexo.

Cada curso deberá propoñer un nome, iste salerá da votación realizada en cada clase que lle dará o nome as coordinadoras deste proxecto, Dolo e Sandra na Lomba ou Layla e Dolo no Anexo. Tedes de prazo ata o 8 de novembro. Despois entre todas as propostas, elexiremos un nome para os programas de cada edificio. De seguro que vai ser complicado elexir só un.

Esperamos as vosas propostas.

Bicos mollados.

Rosalía (A ra que le poesía)