Olaaaa,
Houbo unha chea de días especiais para o noso voluntariado e para os máis grandes da cativada da Escola Infantil Municipal. Como xa ven sendo costume, este é o terceiro ano xa, temos a sorte de que nos veñan visitar, para coñecer o noso colexio e normalmente a biblioteca. Este ano, por mor da reorganización co cambio de sistema operativo de préstamo, a nosa biblio está un pouco revolta, pero temos no centro unha novidade: o laboratorio infantil!!! Na que era a aula de tres anos B, creouse un laboratorio no que experimentar con todos os sentidos. A biblioteca colaborou coa merca de luces negras e coa merca de máis libros de ler a escuras.

Houbo varias quendas para estas visitas, previstas para o 19, 20, 26 e 27 de marzo, pero houbo que adiar un par delas por mor do tempo, que aínda que os nosos centro están pegadiños, cando diluvia, ata ese pequeno percorrido faise moito. En cada unha destas quendas, o noso voluntariado recibiunos, levounos ata a aula e empezaron a actividade léndolles un par de contos dos que coa luz negra, as palabras e os debuxos resplandecen e podemos ler. ¡Unha chulada! Dalgunha das voltas, o voluntariado de tan ansioso que estaba por baixar, esqueceu poñer o peto, son os nervios do directo😂
Despois dependendo das obrigas deste voluntariado, algúns quedaron a botar unha man con todos os experimentos que alí se fixeron ou tiveron que volver ás aulas, pois nalgúns casos había exames ou outras actividades que non se querían perder. É que o noso cole non para, case todos os días hai algo que facer.
E que saibades que saímos no xornal, que foi unha actividade que deu para falar, para experimentar, para sentir, para disfrutar e sobre todo para lembrar!!!
E se preferides ver a nova no propio xornal, velai vai o enlace.
Xornal ¡Como presta tanta actividade!
Bicos mollados.
Rosalía.