Moitas gracias a todos/as os que participástes nesta proposta do Bookface, ata eu me animei.
xoves, 21 de abril de 2022
martes, 5 de abril de 2022
Propostas para o Día do libro
Olaaa!!!
Á volta das vacacións de Semana Santa, imos celebrar no colexio o Día do Libro📚, pero coma este ano, o 23 de abril cadra en sábado, faremos varias actividades nesa semana curta.
Para a primeira, precisamos da vosa colaboración. Queremos adornar o centro coas vosas fotos, pero non unhas fotos calquera, non, queremos que usedes os libros coma parte desas fotos, "bookface" chámase este tipo de montaxes como as que vedes nas fotografías de abaixo, onde varios mestres xa fixemos as nosas versións. Cun pouco de imaxinación veredes que non é tan complicado😉😉 Unhas risas si que se botan, para que mentirvos😂 Ata estou eu pensando se facer algunha...😛
Unha vez feita a fotografía, que nas vacacións teredes moito tempo, enviádeas ao correo biblioteca.rosalia@gmail.com Tedes de prazo ata o martes 19 ás 12:00 Non esquezades poñer de que curso sodes e o voso nome ¡¡Agardo con moita ilusión as vosas fotos!!
E ide pensando tamén nun libro que vos guste moito, moitísimo e que pensedes que paga a pena lelo, para así o venres 22 traelo a aula, e contarlle aos vosos compañeiros e compañeiras de que vai e por que vos gusta tanto.
Bicos mollados.
Rosalía
luns, 4 de abril de 2022
Xa recolleron as pilas
Esta mañá xa viñeron dende PILABOT recoller todas as pilas que xuntamos das vosas casas. ¿A que non sabedes cantos quilos sumamos entre todos?
¡¡¡243.90 quilos!!!!
Gañar non sei se gañaremos, pero que evitamos que se contamine moitísimo podemos telo ben claro, e iso si, o medioambiente xa gañou coa nosa participación.
Lembrade que aínda que a campaña rematara, non quere dicir que agora poidamos tiralas ao lixo, non ho! hai contedores polo concello adiante, en varios supermercados, e coma seguro que para o ano volveremos participar, podedes gardar as caixiñas e ir enchéndoas na casa.
Bicos mollados.
Rosalía
sábado, 2 de abril de 2022
Dobre celebración hoxe sábado 2 de abril
Hoxe celebramos o Día do Libro Infantil e tamén o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Neste enlace podedes acceder ao texo que dende a Asesoría de Bibliotecas facilitan https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1621
Bicos mollados.
Rosalía
venres, 1 de abril de 2022
¡¡¡¡XA CHEGOU!!!
Xa está na biblioteca, na nosa Lagoa, a impresora 3D.
Primeiro retrasos polos compoñentes da impresora que viña de China, despois tristemente todo o problema da Guerra en Ucrania e por último a folga dos camioneiros. Contra vento e marea xa a temos aquí.
Non causou pouca sorpresa cando se achegaron mirar que era aquilo que non estaba o día anterior na biblioteca, que ocupaba tanto espazo, que facía ruído e se estaba a mover todo o rato😂😂
Quedaron sen saber que era o que se estaba a imprimir, pois xa era hora de marchar a casa. O luns seguro que queren voltar e saber que é a primeira figura que sae dela. e será a primeira da moitas cousas que imprimiremos, para algo a temos no espazo fedelleiro da nosa biblioteca creativa.
Bicos mollados.
Rosalía
venres, 25 de marzo de 2022
¡¡Veña!!! que o 31 de marzo remata o concurso de Pilabot
Bo día a todo o mundo:
O xoves 31 de marzo veñen nos recoller os contedores de Pilabot que temos no centro e a pesalos. ¡¡Dade ese último empurrón e non deixedes na casa ningunha pila ou batería usada!!
¡Fixádevos como está este contedor de cheo!
Bicos mollados.
Rosalía
mércores, 23 de marzo de 2022
Clube de lectura
Hai moito tempo que non escribía nada sobre o clube de lectura, pero
non é porque non estean a ler, non ho. Os de 6º remataron por fín
co “El herrero de la luna llena”. E igual vos preguntaredes que
por que tanto tempo. Pois moi doado, había tanta cousa que aprender
neste libro sobre o camiño de Santiago, costumes antigas, gremios,
historia que deu para moitas reunións e charlas con Charo.
Agora o grupo de 6º que quería ler manga, está xa embarcado con “Dr. Slump” da man de Fernando. Xa tiveron a primeira reunión coa entrega dos exemplares e falaron sobre o autor e a intención ao escribir o libro e tamén un pouco sobre as características da cultura xaponesa, porque cousas que a nós, parécennos normais, nesa cultura non o son e viceversa.
Os de 5º que tiñan pendente de antes do Nadal manga, e que por mor dos confinamentos masivos non puideran levalo, xa leron e falaron tamén do “Dr Slump” Agora están embarcados lendo “Estudios Tex” da man de Mariel. Como é un libro no que hai propostas de escribir e debuxar nel, levaron tamén fotocopias desas páxinas, porque senón quedarían ese libros inutilizados para outros compañeiros ou compañeiras. Xa veremos que cousas chulas aprenden sobre os debuxos animados.
Hoxe mesmo, os de 4º A levaron para as súas casas a unha morta. Sí, lestes ben, “Escarlatina, a cociñeira defunta” é o libro elixido nesta ocasión. Algún puxo cara de susto cando Mariel lles falou de levar unha defunta para casa, pero logo as risas foron o que acompañaron aos libros e a promesa de facer algunha que outra receita das que aparecen neste libro. Xa volas ensinaremos se é que traen a proba.
Bicos mollados.
Rosalía
luns, 21 de marzo de 2022
Día da Poesía
¿Que mellor xeito de festexar o “Día da Poesía” que mostrando como unha alumna e un alumno de 5º C do centro pasaron o sábado?
Na Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei (Lugo), celebrouse o concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”. Mariña e Manuel participaron e desfrutaron do día, visitaron a casa museo e coñeceron moitos outros rapaces e rapazas de todos os puntos de Galicia. Podemos velos nas fotos e escoitar o ben que fixeron, chegando a obter unha mención honorífica Manuel.
¡¡Canto me gustou!! e que todo o que teña que ver coa miña tocaia alédame o día.
Parabéns aos dous, e que non se pare este gusto pola poesía, polo recitado e que para o ano podades repetir máis e mellor se cabe.
E podedes botar un ollo pequeno ao museo tamén.
Bicos mollados.
Rosalía
mércores, 16 de marzo de 2022
A Iliada. Vol-A
Roi Sanz é un dos voluntarios da Lagoa de Rosalía. ¿como non o vai ser co que lle gusta a lectura? Tanto é así que, despois de ler a Iliada, propuxemoslle facer unha exposición sobre as aventuras alí narradas. Preparou os mapas, organizouse e contoulles ó resto do alumnado de 6º as peripecias de Aquiles dentro do último ano da famosa guerra de Troia , a súa cólera, as causas e as consecuencias do que fixo.
Da xenio escoitalo, nótase o ben que o preparou no xeito de explicarnos todo o que alí acontecera.
Bicos mollados.
Rosalía
domingo, 13 de marzo de 2022
O Entroido no edificio da Lomba
Olaaa!!!
Estiven tan liada que ata hoxe non fun quen de montar todo o vídeo do venres de Entroido no edificio da Lomba. ¡¡Que chea de peregrinos no patio e nas rúas de Vilagarcía!!
É que co noso PDI sobre o Camiño de Santiago, ¿cal ía ser senón o noso disfrace este ano?
¡Que gusto poder facer actividades conxuntas aínda que sempre coas precaucións debidas!
A ver se vos atopades entre tanta xente.
Bicos mollados.
Rosalía
sábado, 12 de marzo de 2022
Graciñas a todo o mundo
Ola.
Dende o colexio queremos darvos as gracias porque para poder entregar todo o recolectado nos dous edificios, a pesar de cargar unha furgoneta co material recollido coas vosas aportacións, fixeron falta dous coches máis.
Con estes pequenos xestos, queremos aportar un gran de area no medio desta tolemia, e ensinar que a Paz tamén está chea de pequenas cousas.
Bicos mollados.
Rosalía
mércores, 9 de marzo de 2022
Taller de PILABOT
Hoxe os alumnos de 2ºA e 2ºB tiveron a sorte de ter unha charla dos responsables do concurso de Pilabot. Nela aprenderon todo o relacionado coa enerxía, cos acumuladores, baterías... e o máis importante, como reciclar todo ese material para que non acabe contaminado, porque aínda que pareza unha tontería, eles ben saben que unha soa pila que acabe no chan pode contaminar moito, moito, agua, terra e danar aos animais.
Non sabemos se gañaremos o concurso, pero que temos xa os contedores que desbordan e estamos agardando a que nos traian outros dous, e que unha chea de residuos vanse reciclar está asegurado.
Cando aprendemos facer as cousas ben, faise moito ben ao medioambiente.
¡¡¡Veña!!! que temos ata o 31 para encher eses contedores.
Bicos mollados
Rosalía
venres, 4 de marzo de 2022
Recollida de material para Ucraína
O equipo de biblioteca do centro é tódolos anos o encargado da planificación das actividades que co "Día da Paz Escolar e da Non Violencia" realizamos no colexio. Debido á invasión e ataque bélico que está a sufrir Ucraína, dende diversas asociacións están a facer chamamentos á xente para o envío de material de primeira necesidade. Fundiciones Rey vai organizar o envío e distribución ata alá, polo que dende a biblioteca, pero co unánime sentir de todo o centro, pedimos a vosa colaboración.
Nas entradas do colexio estarán postas unhas caixas nas que se poderá depositar este material e posteriormente organizaremos o seu traslado ata a fundición.
Dende o luns día 7, ata o mércores 9 de marzo, estarán as caixas na entrada. Botade unha man, por pouco que sexa, entre todos podemos axudar, que esta situación non e desexable para ninguén.😢
O tipo de material que se pide é:
Comida para nenos/as e bebés, pañales e leite (pero tamén calquera tipo de alimentos non perecedoiros, latas de conserva (non de cristal), barriñas enerxéticas, galletas tipo maría, sopas instantáneas, leite condensado, cacao, froitos secos...)
Material de hixiene: Papel hixiénico, pasta de dentes, cepillos de dentes, xabón, compresas, tampóns, toallitas húmidas, maquinillas de afeitar...)
MEDICINAS:Vendas, auga osixenada, alcohol, bepatem crem, antibióticos, ibuprofeno, paracetamol...
Outros: sacos de durmir, esterillas, lanternas, pilas, cinta americana gris, filtros para a auga...
Graciñas.
Rosalía










.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)







.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)







.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

