mércores, 23 de marzo de 2022

Clube de lectura

 

Hai moito tempo que non escribía nada sobre o clube de lectura, pero non é porque non estean a ler, non ho. Os de 6º remataron por fín co “El herrero de la luna llena”. E igual vos preguntaredes que por que tanto tempo. Pois moi doado, había tanta cousa que aprender neste libro sobre o camiño de Santiago, costumes antigas, gremios, historia que deu para moitas reunións e charlas con Charo.


Agora o grupo de 6º que quería ler manga, está xa embarcado con “Dr. Slump” da man de Fernando. Xa tiveron a primeira reunión coa entrega dos exemplares e falaron sobre o autor e a intención ao escribir o libro e tamén un pouco sobre as características da cultura xaponesa, porque cousas que a nós, parécennos normais, nesa cultura non o son e viceversa.


 

Os de 5º que tiñan pendente de antes do Nadal manga, e que por mor dos confinamentos masivos non puideran levalo, xa leron e falaron tamén do “Dr Slump” Agora están embarcados lendo “Estudios Tex” da man de Mariel. Como é un libro no que hai propostas de escribir e debuxar nel, levaron tamén fotocopias desas páxinas, porque senón quedarían ese libros inutilizados para outros compañeiros ou compañeiras. Xa veremos que cousas chulas aprenden sobre os debuxos animados.

 



Hoxe mesmo, os de 4º A levaron para as súas casas a unha morta. Sí, lestes ben, “Escarlatina, a cociñeira defunta” é o libro elixido nesta ocasión. Algún puxo cara de susto cando Mariel lles falou de levar unha defunta para casa, pero logo as risas foron o que acompañaron aos libros e a promesa de facer algunha que outra receita das que aparecen neste libro. Xa volas ensinaremos se é que traen a proba.

 

Bicos mollados.

Rosalía


Ningún comentario:

Publicar un comentario