venres, 4 de marzo de 2022

Recollida de material para Ucraína

 

O equipo de biblioteca do centro é tódolos anos o encargado da planificación das actividades que co "Día da Paz Escolar e da Non Violencia" realizamos no colexio. Debido á invasión e ataque bélico que está a sufrir Ucraína, dende diversas asociacións están a facer chamamentos á xente para o envío de material de primeira necesidade. Fundiciones Rey vai organizar o envío e distribución ata alá, polo que dende a biblioteca, pero co unánime sentir de todo o centro, pedimos a vosa colaboración.

Nas entradas do colexio estarán postas unhas caixas nas que se poderá depositar este material e posteriormente organizaremos o seu traslado ata a fundición.

Dende o luns día 7, ata o mércores 9 de marzo, estarán as caixas na entrada. Botade unha man, por pouco que sexa, entre todos podemos axudar, que esta situación non e desexable para ninguén.😢

O tipo de material que se pide é:

  • Comida para nenos/as e bebés, pañales e leite (pero tamén calquera tipo de alimentos non perecedoiros, latas de conserva (non de cristal), barriñas enerxéticas, galletas tipo maría, sopas instantáneas, leite condensado, cacao, froitos secos...)

  • Material de hixiene: Papel hixiénico, pasta de dentes, cepillos de dentes, xabón, compresas, tampóns, toallitas húmidas, maquinillas de afeitar...)

  • MEDICINAS:Vendas, auga osixenada, alcohol, bepatem crem, antibióticos, ibuprofeno, paracetamol...

  • Outros: sacos de durmir, esterillas, lanternas, pilas, cinta americana gris, filtros para a auga...


Graciñas.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario