venres, 31 de marzo de 2023

O que tal aprendimos sobre os selos

 

Olaaa!!!

¿ Verdade que é chulísima a exposición de Selos? Pois ademais de poder visitala, os cursos de primaria estiveron con charlas para coñecer un pouco máis este mundo tan emocionante. Dende os seus comezos no Reino Unido, o Black Penny, os diferentes tipos, con dentes, sen dentes, con troquel... aprendemos que por ser os inventores, no Reino Unido só poñen a cantidade do que custan, pero non poñen o país, e no resto do mundo teñen que poñer o nome do país e o custo do selo. En España a encargada de imprimir os selos é a Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

Para poder mandar unha carta por correo postal temos que pegar un selo na parte superior dereita e poñer o nome, enderezo e localidade de onde o imos enviar xunto co código postal e a provincia (e país se vai ao estranxeiro) Sen eses datos, os carteiros non poden ser adiviños e facer que cheguen as cartas ao seu destinatario. Tamén é importante poñer o remite nas cartas, é dicir, o nome e enderezo da persoa que manda a carta para que e houbera algún problema na entrega, poidan devolverlle a carta.

Aprendemos como escribir as cartas, distintos tipos de tarifas segundo sexan urxentes, certificadas, antes por avión, porque hoxe en día vai por avión cando é para o estranxeiro, pero antes ían en coche ou barco, e tardaban máis, se querías rapidez había que pagar un extra. En fin, que nos contaron un montón de cousas sobre este medio de comunicación e ademais nos agasallaron con selos usados para poder comezar unha colección. Si, escoitastes ben, colección de selos, porque non so serven para pagar o franqueo (o que custa envialo) senón que podemos despegalos dos sobres meténdoos en auga e unha vez secos, gardalos en albumes.

Hoxe en día hai unha variedade enorme, hainos que se fabrican e levan unha semente que despois podes plantar, hainos en 3D, hainos con hologramas, con relevo e braille, os que forman parte de tarxetas co selo incrustado, conmemorativos de eventos deportivos, de series de monumentos, de literatura (de Harry Potter tamén), de todo o que vos poidades imaxinar.

Esperamos que vos gustara moito e que aprenderades moito tamén e así ampliar coñecementos deste noso PDI sobre os medios de comunicación. Deixo un pequeno vídeo de parte das charlas e de como poñiades as cartas na pequena caixa do correo que se instalou na biblioteca e que a estas alturas xa debedes ter na vosa casa.

 


Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario