luns, 24 de febreiro de 2025

O Entroido está en camiño

 Olaaa,

Este ano, como non podía ser doutro xeito, o Entroido tamén ten relación co noso PDI "Folk na Lomba" e aproveitamos para aprender un pouco máis sobre as tradicións populares que temos en toda Galicia. Así cada Ciclo/ nivel elexiu un disfrace recreándo estas tradicións e xuntaranse os dous centros no parque da Xunqueira, para facer un pasarrúas  ata aló e actuar.

Polo de pronto, xa temos as mandadas do Meco. 

Para que se soubera de que ían ir as demais aulas, realizouse un pequeno vídeo explicando que son de /ou de onde veñen estes disfraces.

 


Tamén aprendemos unha canción que todo o mundo cantará ao rematar as actuacións.

Canción do Entroido (clica aquí)

Bicos mollados.

Rosalía

Rosalía sempre Viva

 Bo día,

O alumnado do centro non quixo deixar pasar a ocasión de homenaxear á miña tocaia. Dende o ENDL propuxeron ter unha nova mirada a Rosalía e por equipos nas distintas aulas, crearonse retratos dela, para facela contemporanea.

Quedaron cousas moi bonitas, divertidas, atrevidas, rompedoras, tal e como ela era.

Ademais, tendo en conta que contamos no centro cunha das integrantes da Banda da Loba, aproveitamos a súa canción "Un pelouro" baseada nun poema de Rosalía, para aprender a canción e o significado e a bravura que conleva.

A Banda da Loba 



 
 


E por suposto, dende a biblioteca, puxemos a disposición de todo o mundo as bibliografía que temos sobre ela.

E mirade que cousas máis bonitas saíron das diferentes aulas e as diferentes versións dunha Rosalía actual.

 



Bicos mollados.

Rosalía

luns, 17 de febreiro de 2025

Dinosauros na Lomba

 Olaaa,

O alumnado de 5 anos da Lomba estivo traballando e experimentando un montón no seu "laboratorio" sobre os dinosauros.

Con todo o aprendido, quixeron que nós tamén poidamos aprender e fixeron esta montaxe coa axuda da profe Estrella, os seus debuxos, as súas voces. ¿A que é unha marabilla? Como presta ter investigadores así no colexio.

 

Bicos mollados.

Rosalía

venres, 7 de febreiro de 2025

Fomentando o Club de Lectura "Debullando contos"

 Olaaa,

¿Quen mellor que pate das integrantes do club para tentar convencer de que é unha actividade moi chula?

Nós podemos dicir moitas cousas, pero elas o contan de maravilla. Aí quedan as recomendacións de Uxia,de 6C y Antia de 5C para ver se vos convencen e cada vez somos máis.

Bicos mollados.

Rosalía


mércores, 5 de febreiro de 2025

Voluntariado axudando ao máximo

 ¡¡¡Que sorte que temos!!!!

O voluntariado da biblioteca está a traballar a reo e sempre cun sorriso na cara que fai que os recreos pasen a toda velocidade. Estamos metidos nesta voráxine de cambio de sistema de préstamo e catalogación do Meiga, que é o que aínda temos, ao Koha, que será en marzo. Entre moitas das cousas que temos para facer neste momento, unha delas é ir poñendo uns adhesivos cun código de barras xerado a cada un dos libros da biblioteca, pero non ao chou, cada un no exemplar correspondente. Podedes imaxinar como anda de tolo o equipo de biblioteca!!!

Pois polo de agora están a ordenar por sinatura os lotiños para poder ir pegando cada código en cada libro. Axudan o o que non está escrito. Non me extraña que o curso pasado levaran o premio de estar entre os 10 mellores voluntariados de Galicia.



Bicos mollados.

Rosalía