Olaaa
Xa chegou o día no que homenaxeamos á miña tocaia, Rosalía de Castro. Parecémonos un pouco, eu son Rosalía, a ra que le poesía, polo tanto o nome coincide e o gusto pola poesía tamén, pero en diferente medida. Ela é a escritora de tantos poemas que fan que reflexionemos e pensemos, unha adiantada á súa época, defensora das mulleres e da súa valía. Paga a pena perderse nas súas obras.
Temos o expositor cos seus libros e ao alumnado e profesorado disposto a realizar as actividades que nos propoñen dende o Equipo de dinamización.
Usando a prensa escrita e as revistas, elexíronse imaxes que nos provocaran sentimentos, os que fosen, e xunto coas palabras que provocan en nós e/ou debuxos para completalos, cubriremos o mural da entrada na Lomba. Si é que ao final, parece que non, pero os medios de comunicación están sempre aí, acompañando o noso PDI. Sumamos a estes escritos, flores de papel, flores, pensamentos, que tanto lle gustaban a Rosalía.
Para o día 9 de marzo, durante o recreo o alumnado que se achegue aos mestres/as encargados da actividade, e lles reciten un trozo dos poemas, levarán de agasallo unha bolsiña con sementes de pensamentos, para plantar nas súas casas ou no colexio, como eles prefiran. Animádevos, que é unha actividade moi bonita. Eu estarei atenta para vos escoitar.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario