Pois si, mañá, día 11 é o "Día internacional da muller e da nena na ciencia". Dende a Biblioteca e o equipo de Igualdade para celebrar esta data que nos parece moi, pero moi importante, o luns imos ter a terceira vídeo charla didáctica para visibilizalo.
Nesta ocasión contamos coa colaboración de Margarita Vázquez Navarro, que traballa en Eumetsat, en Alemaña. Coa información que reciben dos satélites, analizan os datos e fan as prediccións meteorolóxicas que despois se publican nos diferentes medios de comunicación. (¿Vedes como aparecen os medios de comunicación que estamos a estudar, por todos lados?😉)
Agardamos con impaciencia que nos conte moitas cousas do seu traballo e que foi o que a levou estudar a súa carreira.
Aquí vos quedan recomendacións para poder traballar nos diferentes ciclos, e un par de enlaces a vídeos interesantes para pensar.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario