Hoxe para celebrar o Día das letras Galegas parte dos axudantes da Lagoa e outros compañeiros/as de 5º achegáronse ao Centro de Día. Alí xogaron cos maiores a facer preguntas sobre a lingua Galega, e non vos pensedes que eran doadas de todo... que aínda os meteron nalgún aprieto, por equipos traballaron para contestar ben. Tamén descubriron que hai unha chea de palabras para definir a chuvia, coma orballar, chuviscar, poallar...
E como non podía ser doutro xeito, e a troula sempre gusta, os nosos alumnos/as remataron botando dúas pezas acompañadas coa pandeireta. "A Carolina" e unha mistura da foliada de Carril e outras coplas. Que ben as coñecían no centro, bailar non bailaron, pero cantar e aplaudir...
Xa quedaron en voltar outro día e botar de novo outro rato de boa compañía.
Ao chegar ao colexio e despois de desfrutar do recreo, no tempo do Plan lector e despois de que nos presentaran os de 6º o último desafío sobre Antonio Fraguas, repetiron as pezas que lles cantaran aos maiores para o resto dos compañeiros.
Que non falte a festa nen a música, e menos cando fala da nosa Terra.
Bicos mollados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario