Que sorte tiveron no Anexo. Presentáronlles o libro "El clan Planetario " escrito por Ángel Mora que é un proxecto que reúne varias disciplinas artísticas, literatura, música, ilustración, animación e teatro. Componse de 7 contos nos que se fala da importancia do traballo en equipo, a amizade, o respecto aos demais e á Natureza, o compromiso, a importancia de perseguir os soños, a alegría e a actitude ante a vida, a superación dos medos... e das cousas que nós, por pequenos que sexamos podemos facer.
Aprenderon moito e desfrutaron moito.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario