Hoxe, coma remate da semana das Letras Galegas, achegouse ao noso centro Pedro Brandariz. Na primeira quenda todo infantil e 1º e 2º da Lomba escoitaron contos populares que tan ben recollía Antonio Fraguas, e que Pedro, axudado polo raposo que trouxo, foinos deixando prendados. Contou datos curiosos da vida deste home ao que se lle adicou este ano o día das Letras Galegas. Como na miña Lagoa non cabían todos, foron para o ximnasio, pero eu quedei fora escoitando, que aínda que os raposos non soen comer ras, xa se sabe que con fame non hai pan duro!!!
Cantamos, usamos as orellas e máis o corpo, a verdade e que o pasamos moi ben.
Despois viñeron os de 3º a 6º e alí seguiu Pedro contando máis historias para esta nova quenda de rapaces e rapazas do colexio.
Para rematar esta mañá, trasladouse cara o Centro de Educación Especial pois no Anexo non cabían todos, e alí xunto cos alumnos do CEE fixo outras dúas quendas. e me pregunto eu... ¿non quedaría agotado de contar tantos contos?? Seguro que non, unha boa historia alimenta a alma e cun público tan bo coma o noso alumnado e mais o do CEE debeu quedar cheíño, coma o raposo no curral de dona Maruxa.
Ao
rematar lembrounos unha cousa moi importante: “O galego non é para
usar un día, nin unha semana, é para usar os 365 días do ano”
Bicos mollados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario