luns, 24 de marzo de 2025

A poesía na vida

 Olaa,

A rapazada de 6º do Anexo está de festa!! E non pode ser menos, coma en edicións pasadas, participaron no certame de poesía "Rosalía sempre viva", que celebra a Casa Museo de Manuel María. Na súa novena edición na categoría de 4º, 5º e 6º de educación primaria  acadaron o primeiro premio Pedro Crespo Araujo e como finalista, quedou David Peón  Parada.

Non hai mellor xeito de celebrar o día da Poesía. ¡¡Parabéns aos dous!!

 Ligazón ao xornal Progreso de Lugo

 Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 13 de marzo de 2025

Contacontos "O lobo feliz"

 Boas tardes,

hoxe tivemos a sorte de contar con Miguel Guido, o autor deste libro, que estivo no Anexo para nos contar a historia.

 

A rapazada toda de infantil puido aproveitar para coñecer mellor as aventuras deste lobo, porque había unha vez un lobo grande e negro que vivía moi lonxe da xente e moi triste, porque ninguén o quería cerca.
As historias do temido lobo feroz asustaban a xente que o xulgaba sen coñecelo. E el só quería SER FELIZ , así que lle preguntou a outros animais do bosque como facían para seren felices. Mais as receitas dos demais non valían para el, ata que a sabia curuxa deulle un consello que cambiaría a súa vida ... 




Ata aquí podo contar, se queredes saber máis, xa sabedes, pedide o libro en préstamo na biblioteca 😉
 
Bicos mollados.
Rosalía

xoves, 6 de marzo de 2025

Entroido na Xunqueira

 

Pasámolo moi ben, ademais aprendimos unha canción feita por e para nós que bailamos  o colexio enteiro.

Os de 3º da Lomba fixeron o seu Enterro da Sardiña particular, para o que, coa música "O Gato" inventaron coplas para unha nova versión, repartiron as esquelas entre os asistentes e choraron os mil chorares.