Olaaa,
Hoxe o alumnado de 3ºA e 3ºB veu á biblioteca para poder observar células e un montón de cousas interesantes nun microscopio electrónico que nos trouxo Oliver.
Había ás de abella, anacos de ril, de uretras, células variadas e ata trouxo glicerina líquida para poder poñer nós cousas nos portaobxectos e cubreobxectos. ¿E a que non sabedes que miramos? He, he, he, ¡¡Un pelo da barba de Fernando!
Foi unha experiencia chulísima e aprendimos moitas cousas, porque é ben certo que nos cristaliños non se vía nada a simple vista, pero unha vez posto no microscopio e conectado á pantalla, aquilo parecía maxia.Eu non quixen perder a oportunidade de usalo, ¿a que se me ve moi científica? 😂
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario