Ola a todo o mundo!!
Xa é o terceiro ano que alumnado do anexo participa no concurso "Rosalía sempre viva". Este ano unha rapaza de 5º C, Daniela Otero Fernández foi seleccionada para a final na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, Lugo. Hoxe foi a final e levou unha mención pola súa interpretación. Non levou un dos grandes premios, pero ter o valor de se presentar e chegar a final, onde recitou diante de tanta xente descoñecida con ese saber estar, demostra que verdadeiramente é unha campiona. ¡¡Ben fachendosos podemos estar dela!!
Eu estou dobremente contenta, xa sabedes que eu son "Rosalía, a ra que le poesía" así que este tipo de actividades onde falamos de poesía e de Rosalía, fan que non pare de dar chimpos de ledicia na miña lagoa.
Aquí vos deixo unhas fotos e máis o vídeo para que comprobedes o ben que o fixo. ¡¡Parabéns de novo, Daniela!!
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario