¡Que contenta estou! Xa teño na miña lagoa o vídeo de moitas das cousas que fixestes estes días para celebrar o Día escolar da Non Violencia e Paz.
Canto cariño se ve nas apertas dos irmáns e irmás do colexio, que son os únicos que poden estar tan xuntiños nestes tempos de manter distancias e ter mascarillas postas.
Vese coma os robots van formando parte dos nosos centros, e iso que vos teño que confesar que ao principio tiña un pouco de medo de velos movéndose pola biblioteca... Agora xa somos amigos😁
Tamén quero darlle as gracias á familia María Fumaça por nos permitir usar a súa canción no noso vídeo, pois agora a canción xa é un pouco parte de nós.
Ademais, a de cousas que temos nesa canción que forman parte de "Vive a túa Vila". A ver quen recoñece cousas que aparecen no vídeo, que podemos atopar por Vilagarcía adiante (mar incluído)!!
Desfrutade do vídeo que grazas á profe Elena podemos ter tan rápido na nosa lagoa.
Bicos mollados
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario