venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Benqueridas familias:

O venres 29 de xaneiro celebramos no centro o “Día Escolar da Paz e Non Violencia ” Coma sempre que se traballan nas aulas estes conceptos, lembramos que “Paz” tamén é compartir.

Nestes momentos de pandemia, con tantos traballos en precario, sabemos que hai xente que o está a pasar moi mal, polo que queremos levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que despois repartirá Cruz Vermella dentro dunha campaña na que xa teñen recollido cereais. Desta volta ímonos centrar en alimentos non perecedeiros saúdables para os almorzos coma leite, cacao, café, marmeladas e galletas para completar e dar mellor servizo. Estes pequenos xestos axudan e moito a vida destas familias, e fan que os nosos fillos sexan máis conscientes do que sucede ao seu redor.

Do martes 2 ao xoves 4 teremos na entrada dos dous edificios unhas caixas nas que depositar a comida.

Graciñas pola vosa colaboración.

 

 O equipo de biblioteca ao que pertenzo como especialista desta lagoa, mandou hoxe ás vosas casas ista nota para poder entre todos os integrantes da comunidade escolar, alumnos/as, mestres/as, persoal non docente e familias axudar aos que máis o precisan. Espero que poidades colaborar.

 

Bicos mollados

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario