Olaaa,
Xa estamos de volta das vacacións de Semana Santa.
Hoxe ademais do día do Autismo , celébrase tamén o Día do Libro infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen.
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario