¡¡¡¡¡Ola!!!!! Para este 8 de marzo, dende o equipo de igualdade do centro quixeron facer visibles a tantas e tantas mulleres que ao longo da historia moitas veces foron ignoradas. Esta visibilización fíxose coa participación tanto de mestras como de persoal non docente do centro nunha "campaña" na que reproduxemos fotos ou imaxes delas disfrazándonos e despois poñendo en pequeno o orixinal xunto co nome. O alumnado, mirando estas fotos, elexiu a unha ou varias mulleres e por cursos fan investigación para saber quen eran e poñerlles ao lado unha pequena biografía.
O noso expositor, cheo de libros sobre as mulleres, non para!!!!!! Está sendo usado para acadar parte desa información xunto coas TIC's. ¡¡Que gusto da ver tanta participación!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario