xoves, 5 de marzo de 2015

Salón do libro infantil e xuvenil de ponteevedra

DENDE O 27 DE FEBREIRO AO 28 DE MARZO.......

 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Da ciencia á ficción

Na montaxe do Salón do Libro de Pontevedra estase a ter en conta que o ano  2015 é o ano da luz "polo tanto será empregada como elemento plástico para crear a ambientación e o tema do futuro materializarase tomando como base emblemáticas películas de cine como 2001. Odisea no espazoAlien, o octavo pasaxeiro ou Star Wars." en palabras das responsables da asociación socieducativa e cultural Paspallás

O espazo no que quedará convertido o Pazo da Cultura trasladará a grandes e pequenos ao interior dunha nave espacial, comezando por unha entrada na que se poderán ‘teletransportar' ata un laboratorio no que os nenos e nenas acharán a fórmula química de Orbil (a mascota do Salón), pasando por un futurista identificador de persoas.

Desde a páxina do Salón, podmeos acceder á bibliografía e ao programa.

Animádevos a velo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario