venres, 20 de xuño de 2025

Fin de festa

 Rematamos o curso con xogos e cunha verbena popular, nunha xornada e convivencia dos dous edificios dentro do recinto da Lomba.

No cartaz de anuncio, como se fan nas festas todo ao longo de Galicia, puxemos as actividades a realizar e as actuacións previstas. Non podía faltar a comida, e xunto cos churros preparados pola Churrería Compostela Racing, houbo tamén unha Foodtruck Dfesta, o que ven sendo unha furgoneta onde se prepara comida para a venda. Neste caso o alumnado non tivo que pagar nada, puideron  tomar un canciño quente, e ata houbo quen tivo sorte e repetiu, mira que correron cando se avisou de que podían repetir!!!


Comezamos cos xogos, continuamos con Yanet Carranza, que cantou de marabilla e fixo que moveramos moito o esqueleto, facendo trens rodas e como non unha muiñeira.

Continuamos coa Charanga Xuntanza e os do Anexo marcharon acompañados por ela mentres na Lomba, Dj Alex amenizaba o fin de festa.

Marchamos para casa cunha chapa de recordo para poder lucir no verán e presumir de colexio.

Se premedes aquí, poderedes ver un pequeno vídeo resumo do que foi a xornada. 

Todo o bo remata.

Collede forzas nas vacacións e lembrade que ler tamén é viaxar, para os que non teñades a sorte de movermos e Vilagarcía.

Bicos mollados.

Rosalía 

Ningún comentario:

Publicar un comentario