Olaa,
Este é sempre un día no que se mesturan un montón de emocións, alegría porque chegan as vacacións, tristura porque imos deixar de ver á xente que queremos por un tempo, ou por moito tempo. No caso do alumnado de 6º estamos contentas pola nova etapa que comezan, pero á vez tristeiras porque parte deles son os nosos voluntarios e voluntarias e /ou integrantes dos clubs de lectura. É que son moitas horas as que pasan nesta biblioteca e claro, xa somos da familia.
Como todos os anos, levaron as recomendacións lectoras, pero queremos deixalas aquí por si se traspapelan ou simplemente por se hai xente que quere saber que recomendamos dende esta lagoa.
Lembrade que aínda que nas vacacións esta biblioteca pecha, as bibliotecas municipais non, e a posibilidade de ler libros por internet está tamén aí.
Agárdovos o curso que ven.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario