venres, 13 de decembro de 2013

As normas da nosa bliblioteca

Para que a nosa biblioteca este ben coidada temos unhas pequenas normas que presentamos a continuación, para que Rosalía senta que a súa casa está ben coidada....




Coñece os nosos espazos

Aquí vos deixamos unhas imaxes de todos os nosos espazos de dinamización da lectura. Seguro que moitos de vos xa os coñecedes, así que non dubidedes en seguir facendo uso de todos eles.

Benvidos! Ésta é a entrada á bibliteca, e aquí está Rosalía para darnos unha agarimosa benvida!!


 Este é o espazo dos máis pequenos dentro da biblioteca, aquí poden estar cómodos ollando os seus libros preferidos e tamén escoitando marabillosas historias!

 

 A nosa biblioteca ten moitos recursos, libros de moitos tipos, nos que podes consultar información, aprender novas cousas ou viaxar por mundos descoñecidos!!!


Pero non só temos espazos de goce de lectura dentro da biblioteca, tamén os temos repartidos por todo o cole!

Aquí está o recuncho de lectura da primeira planta.


O espazo de lectura da segunda planta tamén conta con recursos variados para gozar coa lectura.

 

E en Infantil non son menos e tamén teñen o seu espazo moi decorado e con recursos moi interesantes.








Benvidos a nosa lagoa!!!

Ola a todos e todas!
Benvidos á nosa lagoa de coñecemento, a nosa biblioteca do CEIP A Lomba. 
Xa sabedes que dende sempre facemos moitas actividades, pero agora ademáis poderedes velas, comentalas, engadir ideas novas que vos gusten, etc... a través deste blogue que pretende ser unha ferramenta para manternos máis en contacto.
Esperamos que vos guste todo aquilo que iremos publicando (actividades, recomendacións de lecturas, visitas de escritores, etc.)
Un saúdo e seguimos en contacto!