sábado, 26 de xaneiro de 2019

Infantil ArteAndo polo mundo.

O que tal traballaron en infantil da Lomba!!! Converteron o corredor de Infantil nun museo onde se poden ver obras de pintores europeos, os que lles corresponde estudar no seu PDI. 
¡¡¡É que son uns artistas tremendos!!
Mirade senón unha pequena mostra  do que fixeron.

domingo, 20 de xaneiro de 2019

O manga e Anime de 6º

¡Como traballaron estes rapaces de 6º! No primeiro trimestre, coa pintura e dentro do continente asiático que é o que lles corresponde neste PDI, traballaron o Manga e o Anime mirando as diferencias entre cada un e como debuxalos. Aí queda unha pequena mostra do aprendido.



Bicos mollados.

Rosalía, a Ra que le poesía.