martes, 29 de outubro de 2019

¡¡Que pouquiño falta para o Samaín!!

Non queda nada, un par de días e xa temos aquí ao Samaín.
Buceando nas redes (xa sabedes o que a mín me gusta  bucear e nadar)  atopei este conto con sorpresa final moi apropiado para estas datas de medo e sustos.
Xa veredes que bonito!!


Biquiños de medo👻💀

Rosalía

luns, 28 de outubro de 2019

Estreando o forno!!!

¡¡¡Quen dixo que nunha biblioteca so se pode ler!!!

Hoxe estivemos de estrea, os alumnos de 5 anos quixeron cociñar uns monstruosos dedos momificados, aproveitando que o Samaín está á volta da esquina 👻💀.

¡¡Que pintaza!!!😋😋😋 e iso que a min só me gustan os insectos😁





Bicos mollados.

venres, 25 de outubro de 2019

Continuamos preocupados polo medioambiente

O pasado luns viñeron ao noso colexio dúas alumnas do IES Castro Alobre, Nuria e Lucía para contarlles aos alumnos/as de 4º cousiñas que podemos facer todos no noso día a día para mellorar o Mundo. Tamén os de 5º puideron aprender delas.
Da xenio ver á xuventude tan preocupada e concienciada.
Déixovos o enlace á nosa páxina web e máis unhas fotiños dos de 4º

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalomba/?q=node/244




Bicos Mollados

Rosalía