xoves, 18 de marzo de 2021

Día da Poesía

 Remata o trimestre e aínda que este día coincide en domingo, temos a disposición do alumnado e profesorado unha pequena escolma con libros que nos parecen interesantes.  Queremos que a poesía entre nas nosas aulas, fogares e mentes, pois poesía son os cantos, os arrolos que nos colos da nosa familia, achegan aos máis cativos a isa cadencia, isas vivencias, eses saberes. A rima fai máis doado aprender algo, e move algo dentro de nós, non o perdamos de vista, pois o que emociona, lémbrase mellor.


Bicos mollados.

Rosalía

luns, 8 de marzo de 2021

Traballando o Día da Muller

 Un alumno de 6º B, Cristian Chaves Figueira, preparou unha presentación en Powerpoint sobre a orixe deste día, e comprobado o grande traballo que fixera, quixemos compartilo co resto dos 6º do colexio. Preparamos unha videoconferencia dos tres cursos e coa axuda de Mónica, a orientadora, dende a biblioteca Cristian contounos e comparatiu o seu traballo e despois, como Victoria González mandara un agasallo para sortear entre as rapazas de sexto, fixemos o sorteo en directo e a afortunada gañadora da camiseta foi Noa Oubiña Barros, ¡¡Parabéns!!

 

 E aquí tedes unha pequena selección de libros relacionados con este día.


 

O equipo de Igualdade tamén traballou querendo salientar o papel das mulleres desta Vila, e aquí unha mostra do traballo realizado polo alumnado.



Bicos mollados.

Rosalía


 

domingo, 7 de marzo de 2021

Día da Muller

 Dende Orientación tamén están a traballar este día e aproveitando o libro que temos na biblioteca "Yo voy conmigo" de Raquel Díaz Reguera (escritora e ilustradora) xa está na páxina web do centro esta lectura que a rapazada de 6ºB fixo do conto, porque temos que nos gustar a nós mesmas sen importar o que o resto poida pensar.

 

 

E os de 5ºB, dentro do noso PDI "Vive a túa Vila" quixeron homenaxear ás mulleres máis importantes da nosa vila, as súas nais.

As nosas nais

 E atentos e atentas aos nosos expositores onde poderedes atopar moitas lecturas para conmemorar este día.


Bicos mollados

Rosalía