martes, 28 de abril de 2020

Máis libros para ler en confinamento

Bo día a todo o mundo.
Hoxe quérovos por enlaces para cando xa se nos esgotan os libros que temos na casa, e aínda que reler pode ser moi divertido, sobre todo cando o libro gosta moito, tamén pode cansar.

Bahia Edicións ven de poñer a nosa disposición libros de varios autores e para varias idades, Só piden que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a súa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Baia-edicions-con-vos-na-casa (preme aquí)

Os da editorial Anaya facilitan esta tarefa  e poñen en aberto a posibilidade de ler novas aventuras. Aquí queda o enlace "Le en casa, grupo Anaya" (preme aquí) e ata hai libros en catalán, por se alguén lles quere botar un ollo tamén.

Nada máis por hoxe, bicos mollados.

Rosalía

luns, 27 de abril de 2020

¿Como foi a saída?

Olaaa!!! ¿Xa estivestes fora?  ¿seguía todo igual?  ¿Cantos de vós levastes mascarilla? Seguro que había xente coñecida, pero xa sabedes que non podemos xogar con eles e que ao voltar a casiña hai que se lavar moi ben as mans. Non sei porque volo repito, se o facedes tan ben que o facedes soíños.
Déixovos outro conto que atopei onde ven moi ben explicado, por se alguén aínda ten dúbidas. Fala de heroes coma vós, con mascarilla ou sen ela.

CONTO SUPER HEROE CON MASCARILLA (PREME AQUÍ)

Bicos mollados

Rosalía

venres, 24 de abril de 2020

IMOS PODER SAÍR Á RÚA!!!

Bo día a todo o mundo.

Sabemos moi ben que temos que seguir na casiña e que polo de agora non podemos voltar ao colexio, pero si que poderemos a partir do domingo saír un ratiño á rúa. ¿que quere dicir esto? ¿que podemos ir coma tolos ao parque e a estar cos nosos amigos?  Pois non, para que o entendades, poño un conto dun oso que tamén pasa o inverno metido na súa casa sen saír e que cando chega a primavera empeza a dar paseos.

Espero que vos guste e que aprendades e fagades tan ben o de saír á rúa coma o de estar na casa, que sodes uns campións e unhas campionas.👌👏👏💪

OSO GOLOSO (preme aquí)


Bicos mollados. (xa falta menos)

Rosalía

xoves, 23 de abril de 2020

HOXE É 23-4-2020 DÍA DO LIBRO

¡¡Olaaaaa!!
Xa chegou!!!! hoxe é o Día do Libro. Por fín vemos a cantidade de traballo que houbo nas vosas casas, porque  temos moitos marcapáxinas para vos amosar. Os dos tutoriales eran chulos, pero é que temos verdadeiros artístas neste colexio. Botade unha ollada a este vídeo e xa me diredes que opinades... Abaixo de todo tedes para poder escribir e deixar os vosos comentarios.



E aquí temos os fabulosos vídeos das recomendacións lectoras que nos achegastes e que montei para que así poidades saber o que lle gusta aos demais e tomar nota para cando poidamos voltar ás rúas e as bibliotecas e poder ler novos libros. Xa vos dixen nos correos que menos mal que dixestes quen era cada un, porque algún disfraz é boísimo. ¡¡E que libros máis chulos!!📗📘📙📚💕💖💗

Vídeo de recomendacións lectoras do 23-4-2020 (prema aquí)

Graciñas por compartir un cachiño das vosas vidas con nós, que nestes momentos de confinamento, fannos pasar un rato ben agradable.

Xa queda un día menos.
#QuedaNaCasa#

Bicos mollados.

Rosalía

mércores, 22 de abril de 2020

Enlaces de diferentes libros e vídeos

Como temos que continuar na casa, para poder alegrar as horas que pasamos nelas, deíxovos enlaces de Santillana onde teñen pequenos vídeos nos que hai autores que nos len un pouco dos seus libros e nos contan a súa historia.

Santillana lo que-leo-en-casa (preme aquí)

E por suposto, tamén temos na páxina web do colexio outros vídeos para pasar o rato

Vídeo 1 (preme aquí)

Vídeo 2 (preme aquí)

Vídeo 3 (preme aquí)


Espero que disfrutedes moito.

Bicos mollados.

Rosalía

martes, 21 de abril de 2020

Quecendo motores para o Día do Libro

Olaaa!!
Estou moi contenta, porque xa teño unha morea de marcapáxinas e de vídeos onde saídes guapísimos e guapísimas cunha chea de libros para recomendar. Os que  non o enviáchedes aínda estades a tempo, mañá ao mediodía pecha o prazo para ter tempo de montalo e que o 23 poida publicalo.
Póñovos un pouco de información sobre este día.

Día do Libro (Preme aquí)

E dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares envían este fermoso díptico para falar deste tema.

DÍPTICO ASESORÍA (Preme aquí)


 Veña, xa queda menos para vernos. Ánimo.

Bicos mollados

Rosalía

xoves, 16 de abril de 2020

Colaboración co departamento de Orientación

Dende o Departamento de Orientación, xunto cos rapaces e rapazas de 6° A e 6° B, puxeron en marcha un pequeno proxecto para traballar a igualdade de xénero e amosarllo aos demais compañeiros/as do cole. É un contacontos cun kamishibai (pequeno teatro xaponés) no que estaban poñendo moitas ganas e esforzo. A biblioteca mercou o teatriño, co seu maletín e todo, para poder levalo polas aulas e polos dous centros. Lamentablemente, non puidemos rematar e levalo polas aulas adiante, pero AQUÍ queda unha pequena mostra do traballo realizado ata o momento. Hai grandes artistas neste colexio.  

Grazas rapaces/as, grazas titores/as e grazas Mª José, a orientadora, por deixarnos o voso tempo.




Apertas para tod@s e bicos mollados.


 Rosalía

martes, 14 de abril de 2020

REMATARON AS VACACIÓNS/ DÍA DO LIBRO

¡¡¡Bo día a todo o mundo!!! Noutras circunstancias hoxe estariamos todos de volta no colexio, contando historias do que fixeramos nestas vacacións e preparándonos para o Día do Libro que é a vindeira semana, o día 23 de abril, pero xa sabemos que non pode ser. Aínda así, que non esteamos no colexio, que non pode ser, e esteamos nas nosas casiñas (eu aquí na miña lagoa) teño varias propostas para vós. Atentos:
  • ¿Lembrades que o ano pasado propuxemos que viñerades medio disfrazados dunha personaxe dun conto que vos gustara moito? Pois podedes facer un pequeno vídeo contándonos porque vos gusta e a quen llo recomendaríades e mandarmo. Eu xuntareinos e publicareinos aquí, no blog da biblioteca para que todos poidamos velos, e dalgún xeito vernos as caras. ¡¡Nin vos imaxinades canto vos boto de menos!! Tería que ser antes do mércores que ven, 22 de abril para poder facer a montaxe. A miña dirección de correo electrónico, (eu teño email, que vos pensábades, son unha ra moderna) é biblioteca.rosalia@gmail.com Non ten porque ser longo, 30 segundos chega, pero lembrade dicir o voso nome, non vaia ser que co disfraz non vos recoñezamos e por suposto o nome do libro.
  • A outra proposta é nestes días nos que temos tempo para facer moitas cousas, aprender facer marcapáxinas, tan útil cando estamos a ler e quedamos a medias. Poño algúns enlaces para que collades ideas, non teñen porque ser estes, seguro que a vosa imaxinación fai que saian cousas moi bonitas e se logo queredes enviarme as fotiños, tamén as poido publicar aquí.


    Hai moitas máis, pero para empezar penso que ha de chegar.

    Ainss, que nerviosa estou esperando polos vosos vídeos e fotos, veña, non me deixedes así.

    Bicos mollados.

    Rosalía