Dende o Departamento de Orientación, xunto cos rapaces e rapazas de 6° A
e 6° B, puxeron en marcha un pequeno proxecto para traballar a
igualdade de xénero e amosarllo aos demais compañeiros/as do cole. É un
contacontos cun kamishibai (pequeno teatro xaponés) no que estaban
poñendo moitas ganas e esforzo. A biblioteca mercou o teatriño, co seu maletín e todo, para poder levalo polas aulas e polos dous centros. Lamentablemente, non puidemos rematar e levalo polas aulas adiante, pero AQUÍ queda unha pequena mostra do traballo realizado ata o momento. Hai grandes artistas neste colexio.
Grazas rapaces/as, grazas titores/as e grazas Mª José, a orientadora, por deixarnos o voso tempo.
Apertas para tod@s e bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario