martes, 14 de abril de 2020

REMATARON AS VACACIÓNS/ DÍA DO LIBRO

¡¡¡Bo día a todo o mundo!!! Noutras circunstancias hoxe estariamos todos de volta no colexio, contando historias do que fixeramos nestas vacacións e preparándonos para o Día do Libro que é a vindeira semana, o día 23 de abril, pero xa sabemos que non pode ser. Aínda así, que non esteamos no colexio, que non pode ser, e esteamos nas nosas casiñas (eu aquí na miña lagoa) teño varias propostas para vós. Atentos:
  • ¿Lembrades que o ano pasado propuxemos que viñerades medio disfrazados dunha personaxe dun conto que vos gustara moito? Pois podedes facer un pequeno vídeo contándonos porque vos gusta e a quen llo recomendaríades e mandarmo. Eu xuntareinos e publicareinos aquí, no blog da biblioteca para que todos poidamos velos, e dalgún xeito vernos as caras. ¡¡Nin vos imaxinades canto vos boto de menos!! Tería que ser antes do mércores que ven, 22 de abril para poder facer a montaxe. A miña dirección de correo electrónico, (eu teño email, que vos pensábades, son unha ra moderna) é biblioteca.rosalia@gmail.com Non ten porque ser longo, 30 segundos chega, pero lembrade dicir o voso nome, non vaia ser que co disfraz non vos recoñezamos e por suposto o nome do libro.
  • A outra proposta é nestes días nos que temos tempo para facer moitas cousas, aprender facer marcapáxinas, tan útil cando estamos a ler e quedamos a medias. Poño algúns enlaces para que collades ideas, non teñen porque ser estes, seguro que a vosa imaxinación fai que saian cousas moi bonitas e se logo queredes enviarme as fotiños, tamén as poido publicar aquí.


    Hai moitas máis, pero para empezar penso que ha de chegar.

    Ainss, que nerviosa estou esperando polos vosos vídeos e fotos, veña, non me deixedes así.

    Bicos mollados.

    Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario