venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Xa chegou o Día escolar da Paz e da Non Violencia. Coma levamos unha boa tempada de choivas, decidimos que o lema deste ano ía ser: “Que chova PAZ” e así escribimos os nosos bos desexos e palabras agradables nestas pingas de choiva que colgamos das nosas nubes, para recordar que a Paz non é unha cousa dun día, senón que como a choiva, ten que estar presente nas nosas vidas, pois sen choiva non se vive e sen Paz tampouco.
Coma somos festeiros, decidimos acompañar esta festividade de música, “Campás pola Paz” do grupo Migallas e coma fixeran hai xa seis anos os compañeiros do CEIP A Gándara, signar a parte do retrouso e acompañar con pictos nas outras estrofas Mirade que traballo máis chulo.


Despois do recreo, puxemos a canción por megafonía e todos saímos aos corredores para cantar xuntos pola Paz, porque fora non sabemos se chovía Paz, pero auga á caldeiros!!! Os alumnos/as de terceiro B decidiron facer unha pequena mostra en video para que vexades que ben cantan e signan a canción.


 







Ao longo da mañá, nas aulas da Lomba repartimos magdalenas para todo o mundo, pero cunha condición, había que darlla a un compañeiro/a á vez que se lles contaba o porque do agasallo, por ser bo compañeiro/a, por axudar aos demais, por ter sempre un sorriso na cara... a verdade é que me emociono de lembralo, pois todo o mundo escoitou como alguén lle dicía algo agradable.


No edificio do Anexo, fixeron unhas pombas adornadas con boas palabras, que ían usar para unha carreira de relevos, pero por mor da choiva, cambiaron o sistema, entregaron as súas pombas nunha caixa e despois cada un colleu outra diferente, co cal os bos desexos da Paz espalláronse polas aulas adiante.



domingo, 12 de xaneiro de 2020

VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA

Ola a todo o mundo:

Velaquí están, teño unha chea de axudantes nesta lagoa. Saíron ben xeitosiños e iso que non están aínda todos/as os que son, pero da xenio velos.

 

¡¡Viñeron os Reis Magos!!

¡Olaaaaa! xa estades de volta.
Que contenta estou de vos ver as caras outra vez. Isto estaba moi parado, todo en silencio... pero a noite do día 5 tiven visita... ¿a que non sabedes quen pasou por aquí? Adiviñade... ¡¡¡Siiii!!! Os Reis Magos, que nos deixaron uns agasallos para a biblioteca. 
Parte das voluntarias da biblioteca foron as encargadas de descubrir que eran eses paquetes que nos deixaran, que como non podía ser doutro xeito, eran uns preciosos libros, algún incluso dos que eu recomendara para este Nadal. ¡¡¡Eles si que saben!!!
Aí quedan as fotiños para que o vexades.



Reis na Biblioteca 
(Premede arriba)

Bicos Mollados

Rosalía