mércores, 22 de xuño de 2022

Felices vacacións e recomendacións lectoras.

 Todo o que empeza ten que rematar. Un ano máis coa chegada das vacacións de verán, dende o equipo da biblioteca, mandamos unhas recomendacións para este tempo de lecer. Agardamos que vos gusten. Xa sei que as levastes en papel para casa, pero como xa sabemos que hai despistes e perdas, aquí quedan para que poidades botar un ollo en calquera momento.



Bicos mollados. ¡¡¡Vémonos en setembro!!!

Rosalía

martes, 21 de xuño de 2022

Recoñecementos aos Voluntarios de biblioteca, aos membros do clube de lectura e aos mellores lectores

 Olaaa:

¡¡Menuda mañá de axetreo que me trouxen!! Hoxe fixemos entrega na biblioteca, o recoñecemento ao Voluntariado de 6º que levou un diploma e máis un agasallo pola súa colaboración. Faltaban algúns que non viñeran hoxe ao colexio, pero non marcharán do centro sen levalos.

Por outra banda, chamamos aos membros do clube de lectura, pero algúns cos nervios de que só queda un día de colexio, nin escoitaron, e non se achegaron á biblioteca, e non sería porque non soara ben alto cando os convocou a profe Mariel por megafonía... O caso é que tamén quixemos darlles un pequeno agasallo feito na impresora 3D do colexio. Aos integrantes do clube de lectura de narrativa un marcapáxinas con forma de ra, coma mín, e aos do clube de manga un chaveiro dun suriken de Naruto. Para todos, ademais un pequeno caderno e un lapis para apuntar o que queiran.

Coma colofón, quixemos que os alumnos e alumnas que levaran en préstamo para a súa casa o maior número de libros tiveran tamén un diploma e un marcapáxinas e a rapaza que máis libros leu de todo o centro, Ainhoa Jiménez Cano, ademáis levou un vale para mercar o libro que máis lle gustase nunha libreria. Cando fomos facer a foto, decatámonos de que Roi de 6ºA, xa marchara, pero tamén el foi un dos máximos lectores, cousa que non lle sorprendeu a ninguén.


Marcapáxinas e chaveiro Suriken

Bicos mollados.

Rosalía

luns, 20 de xuño de 2022

Charla do Cubo Rubick

 Para quen non o saiba, dende febreiro grazas a Mónica, a orientadora, estivemos tendo nalgúns recreos uns talleres sobre o cubo rubik para o alumnado de 5º de primaria. Neles aprenderon como facer os distintos cubos que hai, que o máis coñecido é o de 3x3, pero hai unha chea deles (é que eu aprendo moitas cousas na biblioteca, non sabedes a sorte que teño).

Hoxe, como remate aos talleres, visitounos Antón Valdivia Pereira, un alumno do Ceip Piñeiriño, tamén de 5º de primaria. Leva dende outubro colecionando cubos e mellorando as súas marcas. Hoxe falounos sobre o creador do cubo (Ernö Cubik) e dalgúns youtubers "cuberos". Ademais díxonos que o importante para facer o cubo, ademais do cubo, é ter moita paciencia, practicar, confundirse e aprender os algoritmos.

Amosounos a súa colección e puidemos ver como resolvía o 3x3 en 31 segundos (ten o seu record en 21 segundos!!!)

Esperamos para o vindeiro curso seguir co obradoiro e poder facer máis actividades con alumnado e profesorado doutros centros da vila.


Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 16 de xuño de 2022

Cromatografía en 6ºA

Victoria da Silva Diz, científica de Carril, investigadora na universidade de Rutgers (New Jersey), estivo no noso centro para informarnos de cal é o seu traballo. Investiga sobre leucemia. Así que dun xeito sinxelo, tranquilo ameno e sobre todo moi didáctico falounos do sangue, dos seus compoñentes, das súas múltiples funcións e da grande importancia que ten na nosa vida. Tamén deu algunhas pautas para manter unha boa saúde e falou da importancia de previr a enfermidade adoptando hábitos saudables. Os alumnos e alumnas (tamén eu), estivemos moi interesados nas súas explicacións e quedamos moi sorprendidos ao nos enterar de que temos uns 5 millóns de glóbulos vermellos por milímetro cúbico de sangue, de que os glóbulos vermellos non teñen núcleo e de que tódalas células do sangue se producen na médula ósea, ¡dentro dos osos!

Victoria programou unha cromatografía para facer na aula. Previamente á realización da mesma explicou os distintos pigmentos que poden conter as follas das plantas, pero que normalmente quedan ocultos pola clorofila, xa que destas hai moitas máis. Tamén explcou porque no outono as follas viran cara ao amarelo e caen.

¿Como descubrimos que nas follas hai máis cores que o verde que vemos a simple vista? Machacamos as follas de espinacas, puxémoslles alcohol, filtramos o líquido e, no líquido filtrado, introducimos un papel absorbente para que os diferentes cores cores subisen por el e se oredenaran, ¡Fixérono! Unha vez rematado o experimento todos puidemos comprobar que nas follas de espinaca hai, alomenos, tres pigmantos, dous verdes e un amarelo. ¡Foi realmente alucinante! ¡Parecía máxia!

¡Mil gracias, Vicky!




 Bicos mollados.

Rosalía

sábado, 11 de xuño de 2022

Atento todo o mundo ás actividades sobre "Vilagarcía, cidade de Libro"

 Na vindeira semana, do 13 ao 19 de xuño volve "Vilagarcía, Cidade de Libro"

Alumnado do noso centro irá facer unhas xincanas divertidísimas sobre libros e lecturas. O luns 13 tócalles aos de 1º e 5º da Lomba e o venres 17 aos de 1º, 3º, 5º e 6º do Anexo.

Déixovos o programa para que vexades que pasarse polo parque de Miguel Hernández polas tardes vai ser un pleno acerto. Actividades variadas, monicreques, concertos, contacontos...









Bicos mollados.

Rosalía


domingo, 5 de xuño de 2022

PDI 6º A e 6ºB

 Neste curso 2021/22 o centro traballou sobre o Proxecto: Pasiño a pasiño, a Lomba no camiño! Nela achegamos ao alumnado a coñecer un pouco sobre “O Camiño de Santiago”, máis concretamente sobre a Variante Espiritual do Camiño.

Os nenos/-as de 6º realizaron un traballo en Open Office sobre os monumentos máis importantes que podemos atopar a través da senda do Camiño (Mosteiro de Armenteira, Torres de Catoira…). Ademais no 3º trimestre realizamos un PLANO da Variante Espiritual do Camiño, onde marcamos os contidos traballados.

Elaboración do libro de Monumentos importantes ao longo da “Variante Espiritual do Camiño”(Mosteiro da Armenteira, Ruta da Pedra da Auga…).

Actividades desenvolvidas: 

- Ubicar os monumentos na liña da historia.

- Conservación e protección de monumentos.

- Búsqueda de información.

- Resumen da información atopada.

Áreas e competencias traballadas: Lingua Castelá e Lingua Galega, Ciencias Sociais, Contidos transversais (coidado do medioambente) TICs - Competencias Lingüística, Dixital, Social e Aprender a aprender, expresión escrita.

Mural de Valle Inclán e exposición na aula

- Traballamos a vida e obra de “Valle Inclán” xa que atopamos o seu monumento ao longo da Variante Espiritual

 - Ademais coñecemos unha das obras máis importantes: “Luces de Bohemia”

Competencia Lingüística, Dixital e Aprender a Aprender. Lingua Galega - Expresión oral.

Elaboración dun Plano da Variante Espiritual do Camiño de Santiago

- Traballar a diferenza de plano e mapa.

- Ubicar os diferentes lugares no plano.

 Materias traballadas: Matemáticas,  Ciencias Sociais,  Ciencias da Natureza,

- Contidos transversais.Ed. Artística (Ed. Plástica)

 

Memoria gráfica: