venres, 31 de maio de 2019

Contacontos no Anexo.

Hoxe achegouse ao anexo Eva Tato, unha contacontos coa que riron a cachón os de infantil e máis os de 1º. Entre os contos falou da  leiteira, a pulga e a mosca, facendo referencia a Antonio Fraguas. 
Aí vos queda unha pequena mostra.


Bicos mollados.

Rosalía.

venres, 24 de maio de 2019

Angel Mora no Anexo

Que sorte tiveron no Anexo. Presentáronlles o libro "El clan Planetario " escrito por Ángel Mora que é un proxecto que reúne varias disciplinas artísticas, literatura, música, ilustración, animación e teatro. Componse de 7 contos nos que se fala da importancia do traballo en equipo, a amizade, o respecto aos demais e á Natureza, o compromiso, a importancia de perseguir os soños, a alegría e a actitude ante a vida, a superación dos medos...  e das cousas que nós, por pequenos que sexamos podemos facer.

Aprenderon moito e desfrutaron moito.





Bicos mollados.
Rosalía

luns, 20 de maio de 2019

Visita de Pedro Brandariz.

Hoxe, coma remate da semana das Letras Galegas, achegouse ao noso centro Pedro Brandariz. Na primeira quenda todo infantil e 1º e 2º da Lomba escoitaron  contos populares que tan ben recollía Antonio Fraguas, e que Pedro, axudado polo raposo que trouxo, foinos deixando prendados. Contou datos curiosos da vida deste home ao que se lle adicou este ano o día das Letras Galegas.  Como na miña Lagoa non cabían todos, foron para o ximnasio, pero eu quedei fora escoitando, que aínda que os raposos non soen comer ras, xa se sabe que con fame non hai pan duro!!!
Cantamos, usamos as orellas e máis o corpo, a verdade e que o pasamos moi ben.
Despois viñeron os de 3º a 6º e alí seguiu Pedro contando máis historias para esta nova quenda de rapaces e rapazas do colexio.

Para rematar esta mañá, trasladouse cara o Centro de Educación Especial pois no Anexo non cabían todos, e alí xunto cos alumnos do CEE  fixo outras dúas quendas. e me pregunto eu... ¿non quedaría agotado de contar tantos contos?? Seguro que non, unha boa historia alimenta a alma e cun público tan bo coma o noso alumnado e mais o do CEE debeu quedar cheíño, coma o raposo no curral de dona Maruxa.

Ao rematar lembrounos unha cousa moi importante: “O galego non é para usar un día, nin unha semana, é para usar os 365 días do ano”


http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d270326914k3801082o2l1/contacontos-letras-galegas


Bicos mollados.

xoves, 16 de maio de 2019

De novo no Centro de Día.

Hoxe para celebrar o Día das letras Galegas parte dos axudantes da Lagoa e outros compañeiros/as de 5º achegáronse ao Centro de Día. Alí xogaron cos maiores a facer preguntas sobre a lingua Galega, e non vos pensedes que eran doadas de todo... que aínda os meteron nalgún aprieto, por equipos traballaron para contestar ben. Tamén descubriron que hai unha chea de palabras para definir a chuvia, coma orballar, chuviscar, poallar...

E como non podía ser doutro xeito, e a troula sempre gusta, os nosos alumnos/as remataron botando dúas pezas acompañadas coa pandeireta. "A Carolina" e unha mistura da foliada de Carril e outras coplas. Que ben as coñecían no centro, bailar non bailaron, pero cantar e aplaudir...
Xa quedaron en voltar outro día e botar de novo outro rato de boa compañía.

Ao chegar ao colexio e despois de desfrutar do recreo, no tempo do Plan lector e despois de que nos presentaran os de 6º o último desafío sobre Antonio Fraguas, repetiron as pezas que lles cantaran aos maiores para o resto dos compañeiros.
Que non falte a festa nen a música, e menos cando fala da nosa Terra.


 
Bicos mollados. 
 

mércores, 15 de maio de 2019

Semana das Letras Galegas

¡¡¡Bo día a todo mundo!!!

Esta semana é moi especial. O venres celebramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Antonio Fraguas Fraguas. 



Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxeron un reto moi divertido. Na sesión do plan lector, alumnos de 6º fan preguntas sobre o homenaxeado e as clases teñen que traballar en conxunto para acadar a resposta correcta. Despois levan un papel coa resposta consensuada e o deixan nunha caixiña. Ao día seguinte, antes de propoñer o seguinte reto, contan que clases acertaron. Un representante de cada aula baixa cunha peza do puzzle que lles entrega o titor/a e entre todos tentarán que o xoves poidamos ler e ver a mensaxe agochada.


Hoxe tamén, os de sexto deleitaronnos no plan lector tocando o Himno Galego coa frauta. ¡¡¡Daba xenio escoitalos!!! Aí deixamos unha pequena mostra.



E mañá, parte dos voluntarios da biblioteca e varios achegados máis, voltarán ao Centro de Día para botarlles unhas pezas cantadas e tocadas coa pandeireta e para facer uns xogos da lingua con eles.
¡¡¡Estamos que non paramos!!!

¡¡¡Bicos mollados!!!


Hoxe foron os de primeiro do Anexo.

Onte a rapazada de primeiro da Lomba foi coñecer as instalacións da Biblioteca Pública Municipal, e o hoxe foi a quenda dos alumnos e alumnas do Anexo.
Que sorte que aínda andaba por alá o Caracol Sol e que lles dixo tamén como funcionaba, contoulles contos e como non, tamén levaron para casa o agasallo dos globos.
Xa teñen ganas de voltar outro día 😍😍



martes, 14 de maio de 2019

Coñecemos a Biblioteca Pública Municipal.

Hoxe os alumnos de primeiro da Lomba foron de visita á Biblioteca Pública Municipal de Vilagarcía. Alí estaba para os recibir o Caracol Sol quen lles contou unha chea de cousas, da biblioteca, que podían facerse socios tamén de alí,  de contos... ¡que bonito o conto!!! o de Rosa Caramelo 😍😍e ata lles fixo unhas espadas e uns cans cos globos!!!
Ao rematar a visita foron repoñer forzas ao parque e xa postos... a xogar un pouquiño tamén.
Como lles prestou... é que xa se sabe... as bibliotecas están cheas de maxia... sabereino eu😂😂



http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d268622023k9364962o1l1/biblioteca-pblica-municipal


Bicos mollados.